FOTO DE EQUIPO 2023-2024

FOTO DE EQUIPO 2023-2024
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 21 de abril de 2024

VETERANOS DE MALPICA 2 - VETERANOS DE MAZARICOS 2 (PENALTIS: 3-4) . VOLTA DA SEMIFINAL.

Tempo aceptable en Pedra Queimada. Non chegou a facer a calor intensa do partido da semana pasada, facía algo mais de fresco e bastante vento pero ben. Nos prolegómenos do partido gardouse un minuto de silencio polo gran xogador cormelán Álex Torrado, tristemente finado o pasado luns. DEP.
Veteranos de Malpica: Suso; Nando, Diego, Choiva, Luis; Álex, Mutio, Richard, Sergio; Chols e Lema. Xogarían tamén Arcay, Chaves, Marco e Pedro. Alberto de Carballo repetiu de mister pola ausencia de Dourado.
Goles:
1-0 (min. 4): Chols. 1-1 (min. 24) : Sanchiño.
2-1 (min. 49) : Chols. 2-2 (min. 90+2) : Aldo.
Penaltis : 1-0 - Mutio. 1-1 - Luis Alvite. Lema, fora. 1-2 - Sanchiño; 2-2 - Richard. 2-3 - Nakata. 3-3 - Chols. 3-4 -Gustavo Freire. Marco, parou Paris.
Trinta segundos. Foi o tempo que nos sobrou do partido. É decir, o dito que se aplica moito no mundo do fútbol: ata o rabo todo é toro. Eses trinta segundos deron para pasar de un balón en ataque noso a un ataque deles, levantando o balón, fallo no despexe e Aldo, que recolleu o balón e mandouno por enriba de Suso. Foi sacar de centro e acabarse o partido.
Partido moi disputado entre dous equipos que tentaron controlar o xogo do rival. Empezamos ben posto que xa marcamos no min. 4, cando Chols escapou con un balón pola esquerda e levantou o balón por enriba de Paris. Eles empataron no min. 24 por medio de Sanchiño que, con vento a favor, lanzou un tiro desde o medio do campo (no interior dereito) que entrou perfectamente i enganou a Suso, que pensaba que saía fora. Tan descolocado quedou Suso que nos banquillos moita xente tardamos en percibir que fora gol. Tivemos que aceptar o inevitable.
Na segunda parte mais do mesmo. Agora o vento corría ó noso favor. E outra vez no min. 4 (desta segunda parte), Chols sacou unha falta lonxana que se foi clavar na escadra dereita da portería rival. A partires de ahí, tentamos controlar o partido e non deixar xogar con comodidade os mazaricáns. Non tiveron mais ocasión que unha pero foi boísima: no min. 82 un balón lanzado desde a esquerda, Aldo desmarcouse perfectamente e lanzou un trllazo a boca de xerro donde Suso fixo un auténtico paradón. De ahí ó final nada mais que a ocasión do gol que abriu esta crónica. Despois viñeron os penaltis, donde os de Mazaricos marcaron os catro que tiraron e nós fallamos dous. Pasaron eles a final, donde se enfrentarán ó Buño o proúximo domingo.
Arbitrou D. Bruno Méndez Castro. Perfecto na súa laboura, sempre ben colocado e pasando desapercibido. Tamén hai que resaltar que, como todos os partidos que xogamos entre os dous equipos, non houbo casi nin faltas. Así é todo mais doado.

Ningún comentario:

Publicar un comentario