FOTO DE EQUIPO 2023-2024

FOTO DE EQUIPO 2023-2024
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 28 de abril de 2024

VETERANOS DE MALPICA 0 - VETERANOS DE CABANA 3 (INICIO E FINAL NA COPA)

Tempo aceptable en Pedra Queimada. Boa temperatura e ausencia de vento, con ceo soleado en anacos e noutros en parte cuberto.
Veteranos de Malpica: Chaves; Nando, Alberto de Carballo, Alberto Choiva, Pedro; Arcay, Mutio, Marco, Diego, Richard; Lema. Despois xogarían tamén Álex, Luis e Sergio.
Goles:
0-1 (Min. 52) : Marcos, de penalti. 0-2 (Min. 65) : David Pose. 0-3 (Min. 72): David Pose.
Nada que facer. Non é excusa suficiente que non pudésemos dispoñer de tres xogadores moi habituais nas nosas alineacións (Suso, Chols e Leo) porque, ainda que tentamos adicarnos a desfacer o xogo combinativo do Cabana, rara vez nos achegamos a sua portería. Tampouco tivemos moita sorte nos dous primeiros goles encaixados: o primeiro, de penalti no lateral da área grande nun intento de despexe de Diego que colleu a contrapé e lle deu na man a Alberto Choiva. E o segundo, en claro fora de xogo de David Pose. A partires de ahí, xa o Cabana xogou menos presionado e marcou David Pena un terceiro gol de moito mérito, en xogada individual tipo Messi.
Arbitrou D. Manuel Espasandín Romar. Arbitraxe serio e riguroso. Único fallo no fora de xogo claro do segundo gol.O xogo foi bastante limpo, si exceptuamos unha pasada de freada de Marco Posiño que botou ó rival do campo, sufrindo éste daños contra a valla.Pero foi unha xogada aillada.

Ningún comentario:

Publicar un comentario