FOTO DE EQUIPO 2023-2024

FOTO DE EQUIPO 2023-2024
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

luns, 7 de outubro de 2024

VETERANOS DE MALPICA 1 - VETERANOS DE NANTÓN 3 (XORNADA 1)

Parecía que iba a ser un partido pasado por auga. Pero nada mais lonxe da realidade. Incluso luciu en certos momentos o sol.
Veteranos de Malpica: Suso; Nando, Marco, Diego, Pedro; Richard, Mutio, Chols, Nacho; Álex e Lema. Despois xogarían Alberto de Carballo, Leo, Luis, Marcos, Milli e Sergio. Non o faría Chaves, que se lesionou no quencemento. E serían debutantes en partido oficial Marcos e Milli (mais a volta ó equipo de Nacho).
Goles:
1-0 (min. 28): Lema. 1-1 (min. 45): Diego Díaz.
1-2 (min. 66): Carlos Sande. 1-3 (min. 79): Javier Berria.
Triunfo merecido do Nantón. Nós, contrariamente ó que fixemos na pretemporada, non nos atopamos no campo e terminamos optando por facer a guerra cada un pola súa conta. Chegou a tanto o despropósito que, quedando o Nantón con un menos por expulsión cando o marcador reflexaba 1-2 e con tempo para remontar, seguimos ca mesma e démoslle o partido en bandexa.
Arbitrou D. Oscar Rey Rodríguez (Torila). Moi boa arbitraxe. Incluso no 1-1, luciuse cos seus coñecementos, pois a xogada era complicada de ver pero moi clara según os criterios arbitrais (Alberto de Carballo tocou involuntariamente o balón pero con ese toque desfixo o fora de xogo en que estaba Diego Díaz). Tamén a expulsión de Roberto foi clara.

Ningún comentario:

Publicar un comentario