FOTO DE EQUIPO 2023-2024

FOTO DE EQUIPO 2023-2024
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 13 de outubro de 2024

VETERANOS DE FISTERRA 1 - VETERANOS DE MALPICA 2 (XORNADA 2)

Moito calor en Fisterra.O sol caía a plomo. A tanto chegou a cousa que o noso porteiro Suso sentiuse indisposto e tivo que marchar ao banquillo (despois xa se atopou ben).
Veteranos de Malpica: Suso; Nando, Alberto de Carballo, Diego, Luis; Sergio, Mutio, Chols, Nacho; Álex e Lema. Despois xogarían tamén Charli, Leo, Marcos e Pedro. Debutaría en partido oficial Charli.
Goles:
0-1 (min. 16): Lema. 0-2 (min. 30): Lema.
1-2 (min. 67): Oscar Cancela.
As imaxes son de archivo. E o que vamos a contar é o que pudemos recabar dos nosos xogadores. Un partido no que pudemos golear, despois de que nos puxéramos 0-2 (eles tiveron que xogar con Piki como porteiro, xa que Eduardo lesionou no quencemento). Pero fallamos varios goles claros por confiarnos. I eles, na segunda mitade, adiantaron líneas e, ademais de marcar, puxeronos en verdadeiros apretos.
Arbitrou D. Oscar Santos Rodríguez. Ben, como sempre que arbitra. Non amosou cartóns.

Ningún comentario:

Publicar un comentario