FOTO DE EQUIPO 2023-2024

FOTO DE EQUIPO 2023-2024
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 20 de outubro de 2024

VETERANOS DE MALPICA 1 - VETERANOS DE A PIÑA 1 (XORNADA 3)

Boísimo tempo onte en Pedra Queimada. O sol domiñaba. Pero tamén houbo bastante vento que se fixo notar.
Veteranos de Malpica: Suso; Marcos, Alberto, Fenosa, Milli; Nacho, Mutio, Diego, Álex; Chols e Lema. Xogarían tamén despois Carlos, Leo, Luis, Marco, Pedro de Malpica, Richard e Sergio. Non podería facelo Pedro de Xoane por lesionarse no quencemento. Debutaron en partido oficial con nós Fenosa e Pedro de Malpica.
Goles:
0-1 (min. 60): David Castro. 1-1 (min. 73): Richard.
.............................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................
Partido disputadísimo entre dous equipos que o querían gañar. Eles tiñan un equipo mais novo que o noso e saben xogar ben ó fútbol. Nós estamos renovándonos con xente mais nova que se fai notar no campo. Na primeira parte non houbo goles, ainda que eran os da Piña os que xogaban a favor de vento. Sí que houbo goles na segunda mitade (con vento a favor noso). Adiantáronse os rivais con unha recuperación no mediocampo, recolleu o balón David Castro e desde fora da área grande lanzou un tiro potente, facendo o balón un estrano movemento que desorientpu a Suso. Quedaba media hora e pudemos empatar nun balón que recolleu Lema, templou e fixo unha boa asistencia que deixou sólo a Richard, que soubo resolver diante do porteiro. O resultado pudo decantarse a favor de uns ou de outros pero pode calificarse como xusto.
...........................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................
Arbitrounos por vex primeira D. Alejandro Tato Gómez, o neto do ex-árbitro Roque, de Buño. Boísimo arbitraxe do rapaz, que non se deixou "magrear" por tanto veterano. Soubo parar a quen tiña que parar e arbitrou impecablemente. Incluso amosou saberse o reglamento na xogada na que Lema perseguiu un balón en solitario cara porta e foi derribado. Estimou que a ese balón podería chegar o porteiro antes que Lema e castigou ó infractor sólo con cartón amarelo (mais falta a favor noso).

Ningún comentario:

Publicar un comentario