FOTO DE EQUIPO 2024-2025 (FEITA POLO SOFÁN)

FOTO DE EQUIPO 2024-2025 (FEITA POLO SOFÁN)
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 1 de decembro de 2024

VETERANOS DE MALPICA 2 - VETERANOS SP. BÉRTOA 1 (XORNADA 9)

Ameaza de choiva durante todo o partido. Nembargantes non caeu unha soa pingueira mentras alí estivemos.
Veteranos de Malpica: Nacho; Nando, Marco, Fenosa, Marcos; Charli, Mutio, Manu; Álex, Lema e Chols. Xogarían tamén despois Chaves, Luis, Miki, Milli, Pedro de Xoane e Sergio. Debutarían no noso equipo Manu e Miki.
Goles:
1-0 (min. 7): Álex; 2-0 (min. 22): Lema; 2-1 (min. 28): Carlos Vilariño.
...............................................................................................................................................................................................................
Partido moi disputado desde os primeiros intres, donde o equipo rival xa dispuxo de unha boa ocasión, nun tiro lonxano que saiu a rentes do pau. Mais pasamos a domiñar nós e a marcar. Despois do primeiro, feito nunha ocasión coral con asistencia final a Álex que empurrou a porta sin oposición, Chols dispuxo de outra ocasión baixo paus das que é moi difícil non marcar. O noso dianteiro quedou de pedra cando chutou alto. Marcamos pouco despois, nunha xogada iniciada por Fenosa desde a defensa, que sorteou a cantos lle sairon ó paso, ata chegar as inmediacións da área rival e asistir cara o desmarque de Lema, que driblou ó porteiro e fixo o 2-0. Seis minutos despois, recortaría o Sp. Bértoa, nunha xogada donde pedimos falta ó porteiro, pero a xogada non se pitou e o rexeite acabou rematado por Carlos Vilariño. Non houbo mais xogadas relevantes nesta primeira mitade.
Xogamos o mellor fútbol da temporada nos primeiros quince minutos da segunda mitade. Tiñamos como equipo inicial o mesmo que comenzara o partido. Embotellamos ó Sp. Bértoa non deixando nin un resquicio para a saida deles, que se viron desbordados. Mais non houbo, neses minutos nin nos siguintes, o gol que nos dera a tranquilidade. E mais, nunha mala cesión de Fenosa cara Marco, o balón chegou a Germán, que empalou o balón e, grazas a que Nacho pudo tocar cos dedos, foise estrelar o traveseiro da portería. Susto maiúsculo que nos fixo poñernos as pilas. Non houbo mais xogadas relevantes ainda que o partido foi moi disputado ata o final.
.....................................................................................................................................................................................................................
Arbitrou D- Oscar Rey Rodríguez (Torila). Salvo no gol rival ( donde seguramente non viu a falta), fixo un partido moi completo. Soubo levar ós xogadores e somentes amosou un cartón por equipo (merecido, porque cas normas actuais, só é o capitán de cada equipo quen pode protestar ó árbitro).

Ningún comentario:

Publicar un comentario