FOTO DE EQUIPO 2024-2025 (FEITA POLO SOFÁN)

FOTO DE EQUIPO 2024-2025 (FEITA POLO SOFÁN)
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 8 de decembro de 2024

VETERANOS DE MALPICA 2 - VETERANOS DE LEILOIO 1 (XORNADA 10)

Temperatura relativamente baixa, entre 10 e 12 graos. O campo, grazas as chuvias caidas anteriormente, estaba aceptable tamén. Neste partido tamén houbo algunha auga, pero pouca. Mais o tema principal era outro: neste domingo, donde non se xogaron partidos normales das ligas federadas, alguén decidiu que os veteranos non saimos da casa a casi ningún sitio e podíamos xogar. Que fora unha ponte de fin de semana perfecto para viaxar non tería que afectarnos. Ou sí? A maior parte dos partidos de veteranos tiveron numerosas baixas i este partido non iba a ser unha excepción. Nós, de vintacinco efectivos, tivemos trece (ata nos faltaba o mister). E os rivais, quince.
Veteranos de Malpica: Suso; Luis, Leo, Marcos, Pedro de Xoane; Milli, Álex, Mutio, Sergio; Nacho e Lema. Tamén entrarían despois Carlos e Chaves.
Goles:
1-0 (min. 37) : Mutio.
2-0 (min. 67): Nacho.
..........................................................................................................................................................................................
Ca cantidade de faltas no noso equipo, ceñímonos ó guión : pelexar todo o partido e xogar cas liñas moi xuntas. Tiñámolo moi difícil. A primeira parte, co vento a favor, non fumos capaces de chegar a portería do Leiloio mais que na ocasión do gol. Antes de eso, o Leiloio tivo unha oportunidade inmellorable. Escapa o dianteiro en posición correcta para o trencilla, saelle Suso e casi consigue blocar. Pero o balón escapaselle a súa dereita e Mussa recolle o esférico. Podería ir andando cara a portería porque Suso estaba batido no chan. Pero, en cambio, dalle de primeiras e o esférico sae preto do poste esquerdo, para desesperación de Mussa. E mais desesperación para o equipo rival, porque no min. 37 Mutio recolle o balón preto da área grande e lanza un chut a escadra, un pouco axudado polo vento, imparable para Eusebio. Ainda pudo empatar o Leiloio, cando cometemos un penalti evitable sobre Cañarte, mais o lanzamento estrelouse no poste esquerdo (ainda que Suso había adiviñado a dirección e lanzarase ben).
Na segunda mitade sacudímonos bastante o dominio do Leiloio. A pelexa do equipo foi encomiable. O equipo rival tivo que adiantar liñas pero tomando moito risco atrás. Porque Nacho e Lema o mellor que saben facer é escapar cara porta. Así o fixo Lema, en pelexa con Pol, que caeu. Diante da saida de Eusebio, levantoulle o balón que foi a dar no traveseiro e volveu ó campo. Nacho, que seguía a xogada, marcou prácidamente de cabeza. De ahí ó final, defensa numantina, porque os nosos rivais puxeron toda a carne no asador para achegarse no marcador e desnivelar o resultado final e nós estábamos cas forzas moi xustas.
..........................................................................................................................................................................................
Arbitrou D. Tomás Garrido Suárez. Non o fixo mal, foi unha arbitraxe bastante tranquila. Pero o Leiloio reclamou falta sobre Pol no segundo gol. Nós reclamamos sendos foras de xogo na xogada que precedeu a ocasión de Mussa e no comenzo da xogada que terminou co penalti sobre Cañarte. Tampouco vimos motivo para descontar tres minutos ó final. Pero tamén é verdade que foi cando mais canutas as estábamos a pasar.

Ningún comentario:

Publicar un comentario