FOTO DE EQUIPO 2024-2025 (FEITA POLO SOFÁN)

FOTO DE EQUIPO 2024-2025 (FEITA POLO SOFÁN)
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 15 de decembro de 2024

VETERANOS DE BUÑO 2 - VETERANOS DE MALPICA 4 (XORNADA 11)

A temperatura inicial da mañán foi de un grao. O campo de Xaviña estaba xeado. Pero o ceo estaba despexado e o sol foi adaptando as condicións para que o partido transcurrise perfectamente.
Veteranos de Malpica : Suso; Nando, Fenosa, Marcos, Pedro de Xoane; Charli, Alex, Mutio, Chols; Nacho e Lema. Despois xogarían tamén Chaves, Luis, Manu e Milli.
Goles:
1-0 (min. 5): Washington Daniel Moreno. 1-1 (min. 7) : Lema. 1-2 (min. 38): Nacho.
2-2 (min. 50): Héctor Lorenzo. 2-3 (min. 55): Nacho. 2-4 (min. 77): Lema.
.............................................................................................................................................................................................
Viaxamos a Buño para enfrentarnos a un equipo que está dando moi bo rendemento. Mais esta vez tivemos diante a un equipo de circunstancias, sin xente para cambios, con tres xogadores (Angel Casal, Víctor Vilar e Washington Daniel Moreno) sobre os que caía a responsabilidade de crear xogo e un xogador de campo para cubrir a portería (o cal non conseguimos nunca aproveitar tirando desde lonxe). Con tan pouca xente, optaron por facer o mesmo que fixemos nós a semana pasada no derbi co Leiloio: xogar cas liñas moi xuntas e que decidiran os de diante. Con esa premisa, puxéronos en verdadeiros apretos.
Empezaron xa ben, con unha falta directa lanzada maxistralmente por enriba da barreira polo uruguaio na que Suso pouco ou nada puxo facer. Empatamos ós dous minutos nunha das poucas xogadas corales que conseguimos facer hoxe, e que Lema empurrou a gol. A partires de ahí, eles tiveron unha oportunidade moi boa por medio de Angel Casal que acabou en gol, ainda que Pablo Rama o anulou pour unha suposta man que, en directo, non nos pareciu que fora infracción. Non subiu o gol ó marcador e sí o fixo o noso de Nacho para chegar ó descanso con 1-2.
Na segunda mitade empataron eles nun dos poucos erros que tivo nunca Suso. Confiuse xogando un balón diante de Héctor Lorenzo (o fillo do noso ex-xogador Pepe de Carballo) i o rapaz rouboulle o balón para marcar prácidamente. A partires de ahí, puxémonos as pilas, empezamos a presionar e marcamos dous goles mais por medio de Nacho e Lema. O Buño, ainda que non se rendeu nunca, xa non tiña moitas forzas e foi mais doado.
..........................................................................................................................................................................................
Arbitrou D. Pablo Rama Cotelo. E, ainda que sempre nos gustou como arbitrou, hoxe creemos que fallou na man pitada a Angel Casal, xa que, ainda que pudese ser punible, na xogada o árbitro estaba detrás do xogador e non podería saber nunca si chegou a tocar ou non o balón co brazo. Si non fora por esa xogada, a arbitraxe podería catalogarse de perfecta. E sin amosar ningunha tarxeta, nun partido moi limpo por parte dos dous equipos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario