FOTO DE EQUIPO 2024-2025 (FEITA POLO SOFÁN)

FOTO DE EQUIPO 2024-2025 (FEITA POLO SOFÁN)
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 22 de decembro de 2024

VETERANOS DE NANTÓN 1 - VETERANOS DE MALPICA 1 (XORNADA 12)

Non foi para nada o tempo que esperábamos, xa que só orballou un par de veces e a maioría do tempo de partido foi con ceo claro e aberto.
Veteranos de Malpica: Suso; Nando, Fenosa, Marcos, Pedro de Xoane; Charli, Álex, Mutio, Dieguito; Nacho e Lema. Despois xogarían tamén Chaves, Chols, Diego e Luis.
Goles:
0-1 (min. 6) : Dieguito.
1-1 (min. 83): Martín Varela.
...................................................................................................................................................................................
Dúas partes diferenciadas. Empezamos mellor nós. Nos primeiros quince minutos, aparte do gol (un imparable tiro de Dieguito), tivemos outras dúas boas ocasións (cabezazo de Nacho que saiu fora por moi pouco, co porteiro batido, e escapada de Álex, que combinou con Nacho e prántouse diante de Said Zekri, mais non foi quen de levantar suficientemente o balón para superalo.
Pero empezaron as lesións no corazón do noso equipo. Primeiro foi Charli, logo Dieguito e finalmente Álex. Gracias que chegou fora de hora Diego e pudimos cubrir a vacante ó lado de Mutio. Ainda así, durante a primeira parte pudemos aguantar. O Nantón pudo empatar nunha escapada de Paco, na que quixo zafar de Suso. O noso porteiro derribouno no borde da área. A falta foi ben lanzada e sería un gran gol, de non ser porque había un xogador do Nantón, en fora de xogo claro, que estaba en liña de tiro e anulaba ese gol.
A segunda parte foi toda do Nantón. Acabousenos o fuelle e, para colmo, quedou tamén tocado Fenosa, co cal Diego pasou ó eixo da defensa (donde xa figuraba antes da lesión). Non pudo estar moito tempo fora Fenosa porque tamén Pedro sufriu molestidas i estábamos en cuadro. Era moita ventaxa para facerlle fronte ó Nantón. Diego Díaz e Martín Varela tomaron o mando do partido i puxéronos en verdadeiros apretos. No minuto 80, Martín Varela, fixo unha gran xogada persoal e, combinando con un compañeiro, prántouse só diante de Suso, ó cal driblou. Cando esperábamos o gol, tirou fora con todo a favor. Resarciuse deste fallo pouco despois porque nun gran tiro empatou o partido. Quedaban sete minutos de partido mais o desconto e viámolo todo negro. Pero Nacho baixou ó mediocampo a tapar ocos e capeamos o temporal.
...................................................................................................................................................................................
Arbitrou D. David Castreje Ferrio. Só tivo un fallo non amosando tarxeta ó noso porteiro na xogada da falta habida na primeira parte. Pero tampouco era bermella, como pedían os nosos rivais, porque fixo a falta disputando o balón e según contempla o reglamento, só era cartón amarelo. No resto do partido, non tivo problemas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario