FOTO DE EQUIPO 2024-2025 (FEITA POLO SOFÁN)

FOTO DE EQUIPO 2024-2025 (FEITA POLO SOFÁN)
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 12 de xaneiro de 2025

VETERANOS DE MALPICA 2 - VETERANOS DE FISTERRA 2 (XORNADA 13)

Tempo primaveral, con algo de frío ó comenzo do partido e, a medida que se abría a mañán, condicións óptimas para a práctica do fútbol.
Veteranos de Malpica: Nacho; Milli, Fenosa, Alberto de Carballo, Dieguito; Charli, Álex, Mutio, Luis; Chols e Lema. Despois xogarían tamén Chaves, Leo, Manu, Marco, Pedro de Xoane e Sergio.
Goles:
0-1 (Min. 38): Cancela. 0-2 (Min. 44) : Cancela.
1-2 (Min. 49): Milli. 2-2 (Min. 64): Mutio, de penalti.
.....................................................................................................................................................................
O Fisterra veu só con once efectivos e con un xogador de campo (Sergio) de porteiro. Pero pelexaron o indecible. Iso unido a tres ou catro rapaces novos que pasaron todo o partido correndo foi remedio abondo para empatar o partido e casi gañalo.
Na primeira parte eles meteron dous golazos. No primeiro, un centro lateral foi cabeceado primorosamente por Cancela (parecido ó gol que marcou Raphiña na Supercopa). No segundo, seis minutos despois, Cancela executou unha falta desde o lateral da área grande e meteu un golazo por toda a escadra, lambendo os dous paus. Poucas veces se ven esos goles na televisión e casi ningunha vez nun partido dos que se xogan por estos lares. Nós pecamos moito de querer chegar con xogada trenzada diante de Sergio e sempre había algo que estragaba a xogada. Chols e Lema puderon marcar si andivesen finos diante sólos de Sergio. Pero hoxe non foi o seu día. Tamén tivemos outra boa oportunidade nun intento de remate de cabeza de Fenosa diante do porteiro mais foi agarrado sin que o árbitro considerase que era penalti.
..........................................................................................................................................................................
No descanso todo era desconsolación e caos. Non podíamos creer que en dúas ocasións ailladas de gol recibísemos dous goles. Pero non tocaba mais remedio que poñerse a remar. Marcamos o 1-2 nun fallo árbitral, pois nun rebumbio Sergio pégalle unha patada ó defensa cando iba a despexar e o rechace caiulle de cara a Milli, que chutou a gol. Os fisterráns estaban rebotados, con razón, porque a falta foi clara. E mais tensos se foron a poñer un cuarto de hora mais tarde cando o trencilla pitou penalti nun agarrón claro a Dieguito, cando controlaba de espaldas un balón preto da portería. Sesenta e catro minutos de partido e pintaba todo ben porque xa os fisterráns non tiñan folgos, caían a menudo e sufrían estiramentos. Pudemos sentenciar nun balón que colleu Chols pero non acertou a sobrepasar a Sergio marcando gol. Neles, Barrientos correu o indecible para complicarlle a vida ós nosos defensas. E o tempo de partido morreu sin decantarse cara ningún dos dous lados.
....................................................................................................................................................................
Arbitrou D. Carlos Señaris Balsas. O fixo con bastante experiencia e aplomo. Cada un dos equipos tivo unha reclamación consistente. No noso caso, con marcador 0-0 a xogada de remate fallido de Fenosa debiu pitarse como penalti. No caso dos fisterráns, o noso 1-2 non podía subir ó marcador por falta clara. No penalti pitado pensamos que acertou.

Ningún comentario:

Publicar un comentario