FOTO DE EQUIPO 2024-2025 (FEITA POLO SOFÁN)

FOTO DE EQUIPO 2024-2025 (FEITA POLO SOFÁN)
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 19 de xaneiro de 2025

VETERANOS A PIÑA 3 - VETERANOS MALPICA 0 (XORNADA 14)

A chuvia respetounos durante a primeira parte. Na reanudación xa non o fixo e caeu auga a tope. Nembargantes, o campo non estivo tan mal como en outras ocasións.
Veteranos de Malpica: Nacho; Nando, Fenosa, Alberto de Carballo, Luis; Charli, Álex, Diego, Mutio, Dieguito; Lema. Tamén xogarían despois Chaves, Leo, Miki, Pedro de Xoane e Sergio.
Goles:
1-0 (Min. 26): Moisés.
2-0 (Min. 60): Xuco; 3-0 (Min. 85) : Moisés.
Outro partido gris que añadir a outros que fixemos anteriormente. Empezamos ben e tivemos vinte minutos donde domiñamos, tamén grazas a que o rival non tiña o once completo ata última hora. Pero con liña de cinco centrocampistas, o ritmo do xogo era noso. Todo se foi ó traste na primeira chegada deles, donde nun rexeite Moisés acertou a chutar e o balón, rebotando nun dos nosos, despistou a Nacho. Pero non nos viñemos abaixo e cercamos a portería deles. Pásanos o de sempre, queremos chegar co balón controlado e non tiramos nin un só tiro contra un porteiro que, nesta ocasión, era de circunstancias.
Na segunda parte mais do mesmo. Pudemos empatar nunha internada pola esquerda de Lema, chegando a xunto ó porteiro. Cando todos esperábamos o cruce do balón ó pao largo, Lema sosprendiu cun tiro á base do poste mais cercano. O balón estrelouse contra a cepa do poste e o rexeite non quedou para ningún dos dianteiros nosos. E do posible empate, marcaron eles no segundo achegamento a nosa portería. Xa nos viñemos abaixo de todo e os da Piña marcaron o terceiro, outra vez por medio de Moisés que, sempre que xoga contra nós, saca petróleo das xogadas en ataque.
.........................................................................................................................................................................................
Arbitrou D. Bruno Méndez Castro. Moi centrado e comedido, non tivo complicacións. Perdonoulle, eso sí, o cartón a David Castro nunha xogada donde o defensa chegou escapado a xunto de Nacho e pretendiu darlle ó balón que recollía o noso porteiro, dándolle forte a Nacho.

Ningún comentario:

Publicar un comentario