FOTO DE EQUIPO 2024-2025 (FEITA POLO SOFÁN)

FOTO DE EQUIPO 2024-2025 (FEITA POLO SOFÁN)
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 2 de febreiro de 2025

VETERANOS DE SOFÁN 3 - VETERANOS DE MALPICA 4 (XORNADA 16)

O tempo esta vez foi ó revés. Normalmente temos bo tempo e, moitas veces, tórcese no resto do día. Hoxe non parecía ser malo. Pero caeu un chubasco que nos deixou bastante mollados a todos.
Veteranos de Malpica: Nacho; Nando, Diego, Alberto, Dieguito; Charli, Álex, Fenosa, Mutio, Chols; Lema. Despois xogarían tamén Luis, Marco, Pedro de Xoane e Sergio.
Goles:
1-0 (min. 17): Luis Marrozos; 1-1 (min. 19): Fenosa; 2-1 (min. 26): José Campos; 3-1 (min. 43): Luis Marrozos.
3-2 (min. 67): Mutio, de penalti. ; 3-3 (min. 79): Fenosa; 3-4 (min. 90): Lema.
Empezamos xogando ben durante un cuarto de hora pero despois desdibuxámonos. Fallos individuais nosos en entregas de balón moi preto da nosa portería foron moi ben aproveitados por Luis e Campos. O único gol noso o fixo Fenosa nun gran tiro lonxano. E no último minuto da primeira parte tivemos un penalti sobre Lema, que lanzou Chols e foi neutralizado polo porteiro sofanista.
Non entendíamos ese 3-1 no descanso e as caras eran largas. Pero esta vez a moeda saiu en cara. Un penalti tonto cometido sobre Marco (cando estaba pegado á liña de fondo, de costas a portería, recibiu unha forte patada) foi executado por Mutio, facendo o 3-2. Ainda quedaban vinta e pico de minutos e empezamos a asediar a portería do Sofán. Cando eles recuperaban balón duráballe pouco. E asi, conseguimos facer dous goles mais por medio de Fenosa e Lema que lle daban a volta ó partido. No último minuto, o Sofán tentou empatar nun corner a favor no que incluso o seu porteiro subiu ó remate, e casi lle custa un gol porque o noso rexeite chegou a Lema, que tentou marcar desde lonxe sin porteiro pero o balón saliulle froxo.
............................................................................
Arbitrou D. David Castro Varela. Non foi decisivo no partido porque os penaltis e os goles foron claros. Pero tampouco gustou en demasía porque pasou bastante do que pasaba no campo e pitaba mais por oídas que polo que vía. Nunha ocasión tivo un fallo bastante evidente, xa que detivo o xogo porque había un xogador sofanista caído; só que estaba tirado fora do terreo de xogo e non procedía o parón.

Ningún comentario:

Publicar un comentario