FOTO DE EQUIPO 2024-2025 (FEITA POLO SOFÁN)

FOTO DE EQUIPO 2024-2025 (FEITA POLO SOFÁN)
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 9 de febreiro de 2025

VETERANOS MALPICA 5 - VETERANOS DP. CARBALLO 1 (XORNADA 17)

Repitiuse o do domingo pasado e púxose a chover durante a segunda parte, pero a auga non foi moi insistente.
Veteranos de Malpica: Suso; Nando, Diego, Alberto, Pedro de Xoane; Charli, Mutio, Marcos, Luis; Nacho e Lema. Despois xogarían tamén Chaves, Fenosa, Leo, Manu, Milli e Richard.
Goles:
1-0 (min. 5): Lema. 2-0 (min. 24): Nacho.
3-0 (min. 73): Nacho. 4-0 (min. 75): Nacho. 5-0 (min. 83): Fenosa. 5-1 (min. 87): Vilar.
..........................................................................................................................................................................................
O partido explicase por sí sólo atendendo ó feito de que o Dp. Carballo non tiña porteiro. Xogaron dous xogadores, un na primeira parte e outro na segunda (Antelo e Djalma) que abondo fixeron con poñerse debaixo dos tres paus. Mais, aparte de non encontrar porteiro, según contaron, teñen 25 fichas disponible (coma nós). Pero mentras nós temos 15,16 ou 17 xogadores de campo, eles non contan con xente abonda para afrontar os partidos.
..........................................................................................................................................................................................
De esta maneira, na primeira parte chegaron dous fallos puntuais do porteiro e de un defensa que foron aproveitados polos nosos dianteiros para subir os dous goles cos que chegamos ó descanso. Pero lonxe de xogar cómodos con ese marcador, empezamos a facer todo ó reves e darlle vida ó Dp. Carballo.
O marcador pudo ser ben diferente si o seu número 21, Moudou Diop, acertase a marcar as catro oportunidades claras que tivo (un tiro ó pau na primeira e na segunda tres tiros só diante de Suso que estragou).
Na reanudación metemos dentro tres goles mais ainda que soamente un foi de mérito xa que Nacho fixo varios recortes e tirou cruzado para marcar. Os outros dous tamén foron fallo individual. Co 5-0, Vilar fixo o gol da honra que antes habíaselle negado a Moudou.
................................................................................................................................................................................................
Segunda vez que nos arbitrou nesta temporada D. Alejandro Tato Gómez. Sigue facendo sin amedrentarse diante de tanto veterano, mais errou pitando varios fora de xogo que non o eran (pitando desde lonxe, esos erros danse). Pero non influiu no resultado.

Ningún comentario:

Publicar un comentario