FOTO DE EQUIPO 2024-2025 (FEITA POLO SOFÁN)

FOTO DE EQUIPO 2024-2025 (FEITA POLO SOFÁN)
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 16 de febreiro de 2025

VETERANOS DE CASTRIZ 1 - VETERANOS DE MALPICA 0 (XORNADA 18)

Ainda que asomou algún nubarrón, na maior parte do encontro o ceo estivo despexado e con unha temperatura suave.
Veteranos de Malpica: Suso; Nando, Diego, Alberto, Marcos; Charli, Álex, Marco, Fenosa; Lema e Nacho. Xogarían tamén despois Carlos, Chaves, Leo, Luis, Manu, Miki e Pedro de Xoane.
Goles:
1-0 (min. 75) : Iván Gemelo.
---------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
Partido moi diferente pola nosa parte ó que xogamos en Malpica na primeira volta. Mentras eles xogaron coma sempre, con un conxunto compacto e defendendo moi ben, deixando as oportunidades cara diante ós xemelgos Martín e Iván, nós tivemos bastante mais chegada á area que cando disputamos o partido en Pedra Queimada.
Pero ocasións claras non tivo nin un equipo nin o outro na primeira parte. Na segunda, quenes pudemos marcar primeiro fumos nós, nunha chegada moi clara de Lema e Nacho con un só defensa e o porteiro para cubrilos. Pero Lema, con todo a favor, trabucouse e o pase que iría cara Nacho (tendo soamente que ser empurrado o balón cara gol) foi cortado polo defensa. Contestada a ocasión por unha triple oportunidade do Castriz donde non acertábamos a despexar o balón en condicións e ata tres remates tiveron eles diante da nosa portería. A partires de ahí, moito mais pelexa no centro do campo. Perdemos por lesión a Charli e do peso do xogo en mediocampo correspondeu a Marco e Álex. A vixiancia constante ós xemelgos non impediu que, no min. 75, Iván recibise un pase ó fondo na banda esquerda e batise de forte disparo a Suso. Eses últimos quince minutos queimamos as naves e lanzámonos cara portería. Mais non tivemos a sorte de meter gol e o partido acabou. Podía haber sido un empate pero gañou quen meteu gol.
...........................................................................................................................................................................................................................................................................................
Arbitrounos por segunda vez D. David Castreje Ferrio. Ben, coma sempre. Sabe levar un partido con certa tranquilidade. Errou nun fora de xogo señalado a cada equipo, cando os dianteiros encaraban meta. Salvo iso, non foi trascendente no resultado.

Ningún comentario:

Publicar un comentario