FOTO DE EQUIPO 2024-2025 (FEITA POLO SOFÁN)

FOTO DE EQUIPO 2024-2025 (FEITA POLO SOFÁN)
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 23 de febreiro de 2025

VETERANOS MALPICA 2 - VETERANOS SOANDRES 2 (XORNADA 19)

A mañán empezou bastante destemplada. Pero empezou despois saiu o sol e terminou con unha temperatura moi agradable.
Veteranos de Malpica: Suso; Milli, Diego, Alberto, Luis; Nando, Álex, Fenosa, Carlos; Lema e Nacho. Despois xogarían tamén Charli, Chaves, Dieguito, Leo, Miki e Pedro de Xoane.
Goles:
0-1 (min. 3): Alberto Souto.
1-1 (min. 53) : Lema. 1-2 (min. 77): Alberto Souto. 2-2 (min. 80): Nacho, de penalti.
Partido pelexado que pudo caer de calqueira dos dous lados. Pero tivo xogo mais consistente o Soandres que nós. Non somos capaces de xogar con fluidez. En canto ó partido, a mesma circunstancia deuse para cada equipo en cada un dos dous tempos. Na primeira parte, eles marcaron nun erro individual noso no que tiveron que fallar no despexe dous dos nosos xogadores e Alberto Souto aproveitou para elevar o balón perfectamente diante da saida de Suso. A pesares de ser no min. 3, xa antes tivemos nós outra oportunidade moi boa nas botas de Nacho, que, chegando só diante de Carlos Suárez, tirou "ó muñeco". Por moito que loitamos, non fumos capaces de revertir o resultado. Sí que tivo Nacho unha falta a disposición, que lanzou moi preto do poste esquerdo, que estivo a piques producir a lesión do porteiro.
Na segunda parte, o tema foi ó reves: puderon marcar eles, cando o dianteiro driblou a saida de Suso, pero o seu tiro foi repelido debaixo dos paus "in extremis" por Diego. O que pudo ser o 0-2 inapelable, pasou a ser inmediatamente o empate a uns, cando Lema elevou o balón sobre a saida de Carlos Suárez. Dous goles mais houbo que non tiñan que subir ó marcador. O 1-2 o fixo de novo Alberto Souto nun fora de xogo campal, que o árbitro non soubo ver, pero sí todos os xogadores que estaban no campo. Protestou ata Suso, que non o fai casi nunca, e valeulle un cartón amarelo. Tanto protestamos que o árbitro concedeunos un "penaltito" feito sobre Lema. Lanzou Nacho e foi o empate definitivo.
Arbitrou D. Alfonso Caamaño Blanco. Quédalle bastante que aprender (e moitos anos por diante para facelo). Non era un partido tan complicado de arbitrar. A xogada que determinou o empate definitivo non é boa para ninguén, porque un bó árbitro non arregla un fallo morrocotudo con outro igual, por moita xustiza divina que queiramos perseguir. Tamén é verdade que lle perdonou a expulsión a Leo, por un arrebato que, cómo mínimo, era cartón amarelo (e Leo xa tiña un anterior).
<

Ningún comentario:

Publicar un comentario