FOTO DE EQUIPO 2024-2025 (FEITA POLO SOFÁN)

FOTO DE EQUIPO 2024-2025 (FEITA POLO SOFÁN)
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 2 de marzo de 2025

VETERANOS SP. BÉRTOA 0 - VETERANOS DE MALPICA 4 (XORNADA 20)

Temperatura baixa con vento racheado esta mañá en Laracha. Si fora noutro campo calquera, estaríamos medio conxelados. Pero en Laracha o vento apenas se percibe e, ó haber sol, non pasamos esos traballos.
Veteranos de Malpica: Suso; Nando, Diego, Alberto, Luis; Álex, Marco, Chols, Dieguito; Lema e Nacho. Despois xogarían tamén Chaves, Fenosa, Manu, Marcos, Milli, Pedro de Xoane e Sergio.
Goles:
0-1 (min. 24): Alberto.
0-2 (min. 71): Lema. 0-3 (min. 78): Nacho. 0-4 (min. 81): Chols.
Por fin un partido que saiu ben para os nosos intereses. Pero non foi doado, o Bértoa pelexou moito e soamente a partir de facer o 0-2 pudemos respirar.
Os primeiros 40 minutos de partido foron nosos. Con un trío no centro do campo formado por Marco, Álex e Dieguito neutralizamos todo o xogo que quixeron efectuar os nosos rivais. Neses minutos, aparte do gol de Alberto (cabeceando un centro medido que efectuou Dieguito desde o córner), tivemos outra boa oportunidade no min. 19, con un tiro impresionante de Dieguito, que se lle escapou das mans a Maikel Calvo e o balón saiu a rentes do pau dereito da portería. Mais outro tiro no min. 40 de Marcos que foi polo sitio donde estaba o porteiro. A partires dese minuto, reaccionou o Sp. Bértoa e a piques estivo de empatar o partido. No min. 41, Jesús Vázquez fixo un bo desmarque que conseguiron parar entre Fenosa e Milli. No min. 42 centrou Pablo e a boca de xerro Carlos fallou increiblemente un cabezazo que saiu alto, con Suso totalmente vendido. Finalmente, no min. 45, Ismael escapou co balón pero foi finalmente freado por Diego e Fenosa.
A segunda parte comenzou trepidante. Dúas ocasións para nós (dúas para Lema e unha para Nacho) mais unha para eles, donde controlaron ben os porteiros, facían unha sensación de xogo que iba para un lado e para o outro contrario. Así ata o min. 69, donde Chols foi capaz de roubar un balón e asistir a Lema para que marcase a placer. Xa pudemos descansar algo mais, soamente tiveron eles unha ocasión nunha falta lanzada por Oscar Fuentes que despexou apuradamente Suso. Pero a sorte estaba decantada cara o noso lado e dous goles mais (un de Nacho nunha gran xogada de Lema, que chegou a liña de fondo e asistiu perfectamente mais o cuarto nunha asistencia perfecta de Nacho cara Chols, que voleu perfectamente por enriba do porteiro). Posteriormente tiveron eles unha boa ocasión cando escaparon Eloi Negreira e Maximino, estando para nós en claro fora de xogo (que non foi pitado), e a oportunidade foi desbaratada in extremis por Diego.
.............................................................................................................................................................................................
Arbitrou D. Angel Acuña Piñeiro. Xa lle vimos algún partido donde a armou, en cousas que non tiñan apartente importancia (por exemplo, foi quen botou do banquillo a Dourado en Sofán porque protestou unha xogada e non contaba como delegado mais non tiña carnet de entrenador, como a gran maioría dos entrenadores dos equipos de veteranos) . Pero aquí, inexplicablemente (porque houbo tarascadas grandes), non amosou ningún cartón ata ben entrada a segunda parte. I eso que Oscar Fuentes e, sobretodo, Maximino se fixeron acreedores a esa tarxeta (que finalmente levaron). O tobillo de Marco acabou feito trizas. Tamén pudo equivocarse nos fora de xogo marcados, xa que situado como estaba a moitos metros, pitaba mais por intuición que por poder ver esas posicións sancionadas. Fora de eso, non houbo mais xogadas polémicas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Publicación máis recente Publicación máis antiga Inicio