FOTO DE EQUIPO 2024-2025 (FEITA POLO SOFÁN)

FOTO DE EQUIPO 2024-2025 (FEITA POLO SOFÁN)
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 9 de marzo de 2025

VETERANOS DE LEILOIO 2 - VETERANOS DE MALPICA 3 (XORNADA 21)

Tempo inestable o que nos recibiu na Feira Nova, con chubascos abundantes. Despois mellorou bastante e pudemos ter un tempo agradable para a práctica do fútbol.
Veteranos de Malpica: Nacho; Nando, Fenosa, Alberto, Luis; Charli, Mutio, Álex, Sergio; Richard e Lema. Despois xogarían tamén Casqueiro, Chaves, Milli e Pedro de Xoane.
Goles:
1-0 (min. 24): Marco. // 2-0 (min. 33): Pol.
2-1 (min. 60): Richard, de penalti. // 2-2 (min. 75): Lema. // 2-3 (min. 90+2): Richard, de penalti.
Necesitábamos gañar este partido para asegurar a nosa presenza na promoción de ascenso. E fixémolo, como o día do Sofán, remontando un partido que, no descanso, estaba costa arriba. No día en que tiñamos ata oito baixas significativas que podían formar, con outros tres, un claro equipo titular. Eles, pola súa banda, tiñan tamén como baixa sonada a de Alejo no centro da defensa.
A primeira mitade acabou con un claro 2-0 a favor deles. E decantaron o marcador en dúas ocasións calcadas: centro medido desde un saque de esquina desde a dereita e cabezazo no segundo pau, primeiro de Marcos e despois de Pol. Imperdoable o segundo, claro, porque as xogadas eran clavadas. Aparte dos goles soamente tiraron dúas veces nos primeiros cinco minutos pero os tiros de Marcos e de Maroñas non tiveron especial incidencia. Nós tivemos unha no min. 20 nun centro de Mutio que cabeceou Alberto as mans de Eusebio. E, despois dos goles, sí que tivemos un achegamento serio nunha escapada de Richard pola esquerda que, cando chegou ó fondo, asistiu a Lema pero, en boca de xerro, foi trabado por Eusebio e tirou fora. O árbitro considerou que era falta ó porteiro por ser na área pequena mais Lema foi o primeiro que chegou ó balón. Para nós era penalti. Neses momentos parecía un gol necesario para que estivésemos no partido pero non o foi.
Na segunda parte saimos en tromba. Colocouse a Fenosa en punta, poñéndose Nando no eixo da defensa con Alberto. Pero dónde estivo a remontada foi no eixo do medio, con Pedro de Malpica por detrás de Álex e Charli. Un muro de contención que levou ó equipo cada vez mais adiante. Entre os minutos 50 e 53, catro ocasións seguidas: no min. 50, galopada de Charli pola banda dereita e o seu centro chut foi detido por Eusebio, que comenzaba a aparecer. No min. 51, tiro de Álex a cruceta. No min. 52, tiro de Alberto ben repelido por Eusebio nun paradón. E no min. 53, centro desde a esquerda que da no traveseiro e rebumbio na área sin que ningún dos nosos acertara a conectar un disparo, acabando a xogada en falta sobre un defensa do Leiloio. Posteriormente a esas catro ocasións, tiveron eles dúas, na primeira escapou Musa que, defendido por Alberto, tirou fora. E na segunda tirou Marco, parando ben Nacho. No min. 60 chegou o penalti sobre Charli, ó ser trabado polo defensa. O gol de Richard acentuaba a nosa presión. Tres minutos despois, asistencia de Fenosa a Lema pero o seu remate foi salvado increíblemente por Eusebio, lanzándose a súa esquerda, contra a base do poste. E no min. 65, no único balón fallado polos seus centrais aparece Lema para zafar da saida de Eusebio, mais o seu tiro foi rexeitado; recolleu o balón Álex que, desde lonxe, elevou o balón sobre Eusebio pero apareceu un defensa para salvar cando se colaba o balón. O empate chegou no min. 75, nun córner lanzado desde a esquerda que foi cabeceado por Lema no segundo pau. Dez minutos despois, pudo chegar a sentencia, cando Pedro de Malpica botou un balón a espalda da defensa, que recolleu Lema, zafou da saida en carreira de Eusebio mais escorouse algo e o seu tiro foi ó lateral da portería. No desconto, un penalti, tan polémico como innecesario, deunos a victoria.
...............................................................................................................................................................................................
Arbitrou D. Bruno Méndez Castro. Necesita unha cousa para arbitrar: que todo o mundo xogue calado e ninguén proteste as súas decisións. E ainda así, a pode armar. Ou sexa, que non era o árbitro idóneo para arbitrar un derbi de veteranos. Deixou ós nosos rivais con un menos na expulsión de Bértoa, por botarlle un berro. Pero a xogada clave foi a do último penalti: o balón marchaba cara a casa que hai detrás da portería, é decir, era un tiro insustancial sin ningún tipo de perigro. Pero o defensa tiña o brazo extendido i eso, según o reglamento, é penalti. Eles protestaban que, na primeira parte, non pitou penalti nunha man dun dos nosos. Nesa xogada, creemos que o balón chegou a man procedente de un rebote inmediato. I eso non se pita como penalti.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Publicación máis recente Publicación máis antiga Inicio