FOTO DE EQUIPO 2023-2024

FOTO DE EQUIPO 2023-2024
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 23 de agosto de 2009

AMIGABLE CONTRA O CABANA (MALPICA 0 - CABANA 3)


Hoxe xogamos o amigable contra o Cabana. Teñen un equipazo. Houbo un dos nosos xogadores (Carlos) que chegou a insinuar que os contásemos porque a forza tiñan que estar xogando con un xogador mais. Con un grupo de atacantes como Mino, Lilo, Carioca, Alberto, Peli... e sobretodo, entrando en segunda línea de ataque con moitísimo peligro. Ao descanso chegamos 0-1, con gol de Mino (Manolito poido facer algo mais nese gol) e nos chegamos nalgunha contra con bastante peligro. Na segunda mitade principiouse con un tiro antológico de Mino a escuadra (o gol do partido), e a partir de ahí xa non houbo mais que decir. Peli fixo o terceiro en xogada individual. Poidemos mete-lo gol da honra nun tiro de Alberto que foi parar ao traveseiro cando se cantaba o gol.
Dónde non poideron con nós foi , despois de xogar, comendo algo no Mirador. E mira que o intentaron os condenados pero nós ahí somos mais que un equipazo, comemos pola dereita e pola esquerda. Por certo, na foto da dereita, o que aparece ao lado de Lancha e Carlos é Antonio, o xogador que se estrenou neste partido. Aparte de darlle ao balón,a comer e beber tamén lle da.


Ningún comentario:

Publicar un comentario