FOTO DE EQUIPO 2023-2024

FOTO DE EQUIPO 2023-2024
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

mércores, 5 de agosto de 2009

OUTRA BAIXA MAIS


Examinando as altas e baixas dos equipos de rexional da Liga da Costa encontreime que no que se refire ao equipo de Cabana, aparte de incluir nas suas altas a un dos mais prometedores xogadores que tiña o Malpica de xuvenís o ano pasado (Elías) tamén nos levan para alí ao noso xogador Guillermo. Enorme exemplo de persoa que nunca se meteu en problemas e que soubo apoiar en todo momento ao equipo ainda que non poidera dedicarlle todo o tempo que quixera. Desearlle sorte e que o respeten as lesións é todo un. ¡veña, neno! e que para o ano sigas ahí e estedes xa xogando contra o Malpica na Segunda Rexional.

BUENO, SEGÚN ÚLTIMAS NOVAS, GUILLERMO NON SE DEU ADAPTADO AO SEU NOVO EQUIPO E, AINDA QUE TIÑA OFERTAS PARA IRSE A OUTROS EQUIPOS DE VETERANOS, VAI A SEGUIR CO MALPICA DE VETERANOS OUTRA TEMPORADA MAIS. BENVIDO DE NOVO.


POR CERTO , QUEROBOS RECORDAR UN PARTIDO xogado por nós e os comentarios que houbo sobre del, escritos por mín e por certa persoa (que non ven ao caso, ja, ja,ja...) :

domingo 12 de octubre de 2008

SAN LORENZO 2 - MALPICA 2

Partido con novedades. Para empezar, xogouse en Pedra Queimada e con moita niebla .... Na segunda mitade,saimos ben pero no transcurso dos minutos fomos perdendo a forza .... O segundo (GOL DO EMPATE) foi consecuencia dun balón controlado por Guillermo na media e en lugar de xogalo cara adiante , enredouse, perdiuno e foi parar ao dianteiro que estaba libre de marca e bateu a Manolito.En canto ao árbitro...Publicado por Vinte renqueante en 22:52
Etiquetas:

2 comentarios:
Anónimo dijo...
eu dende a miña posición como comentarista vin como tres xogadores do san lorenzo lle entraban a Guillermo; un a altura do nocello, outro polo xeonllo e o derradeiro mordialle unha orella,e normal que perdera o balón...
14 de octubre de 2008 21:18
Vinte renqueante dijo...
iso estiven a puntiño de poñelo, pero creín que alargaba moito a crónica. olvidaste tamén do cuarto home que iba correndo ao seu lado e lle decía de seguido "vas fallar, vas fallar, vas fallar..."
15 de octubre de 2008 14:33

Ningún comentario:

Publicar un comentario