FOTO DE EQUIPO 2023-2024

FOTO DE EQUIPO 2023-2024
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

luns, 17 de agosto de 2009

QUE VAI A SER NESTA SEMANA

Esta semana hai bastantes cousas para disfrutar e contar. Mañán martes xoga a SCD Malpica contra do Club do Mar. Os de Caión , un dos clásicos da Liga da Costa, debutan en terceira rexional despois dun vacío de varios anos sin dispoñer de equipo. (* resultado do partido : 3-1, a información do partido aparece na crónica de Luis Porto nos enlaces da dereita)
Os días 21, 22 e 23 será o momento para o 2º Festival Folk de Malpica, coa comparecencia o día 21, de Lume na cachela, das Cantareiras de Ardebullo (Nucha e Mucha) e A Roda. O día 22 as actuacións estelares da noite correrán a cargo de Entrefaros, Birimbao e Susana Seivane.



O último día será para a actuación da formación malpicana Malante. Todo elo no marco céntrico das instalacións do Porto, ainda que non será moi cedo cando acaben.

E o día 22 dedicarase tamén a camiñata. O programa "Coñece..." que xa estivo anteriormente por Laxe, Cabana, Ponteceso, Coristanco... achégase a Malpica con unha ruta de 10 kms. e dificultade media entre Malpica e a Pedra de Arca. A saida será as 09,55 h.

Pola tarde voltará o fútbol cos xuvenís (as 17 h.) contra o Santa Comba B e mais a SCD (as 19 h.) contra o equipo do Castriz.

Por último, o día 23, nós xogamos pola mañá contra o Cabana, partido que tiñamos pendente desde a última e inolvidable invitación que nos fixeron Rafa, Emilio e cía.

Ningún comentario:

Publicar un comentario