FOTO DE EQUIPO 2023-2024

FOTO DE EQUIPO 2023-2024
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 16 de agosto de 2009

VIMOS O CERQUEDA 2 - CABANA 2


Como este fin de semana non había partido do Malpica, xa que xogaron e empataron o pasado xoves e o siguinte partido teñeno o Martes contra do Club do Mar, acercámonos a ver o partido entre o Cerqueda e o Cabana. Un Cabana totalmente renovado ainda que cos xogadores xustos (tivo que botar unha man no campo o seu novo presidente Michel), con unha edade media de 19 anos, procedente no seu bloque base do equipo xuveníl que gañou os títulos de liga e copa na temporada pasada mais tendo como reforzos a Quilmes do Soneira e a Elías do Malpica. Éste último xogou sólo os primeiros 45 minutos porque tivo molestias nun nocello, pero , ainda así, marcou as diferenzas e os dous goles do seu equipo. O Cerqueda a base de pundonor logrou empatar a dous. Arbitrou Isidro, que xa está de volta na arbitraxe e que, de seguro, deixou de pitar algúns penaltys claros.