FOTO DE EQUIPO 2023-2024

FOTO DE EQUIPO 2023-2024
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 4 de outubro de 2009

2ª REXIONAL: MALPICA 4 - CORME 3

O sábado pola tarde xogaron os xuvenís contra o Zas o primeiro partido da temporada en dónde perderon por 5-1.
O domingo pola tarde xogou o equipo senior de Malpica nun partido trepidante diante do Corme. Encontro con alternativas no marcador e con un pouco de desenfreno nos xogadores que non soubo controlar o árbitro. É de desexar que na liga que acaba de empezar non haxa mais arbitraxes deste tipo. ACERTOU: no penalty (non sei qué dúbida pode haber si o xogador ten a man ben separada do corpo e amortigua con ela a caída do balón) e en acaba-lo encontro sin deixarlles sacar de corner (o reglamento sinala moi claramente en qué condicións tería que prorrogar o tempo de extensión do partido). FALLOU: entre outras cousas, en dar gol nunha xogada que era falta indirecta e, ao decirlle que non tocou o balón en ningún xogador hasta chegar a rede, decir que non viu nada (para dar o gol tería que ver que tocara en alguén, si non ve nada non é normal que dé gol válido) e en non poñer tarxetas no lío final do partido mais especifica-lo tema na acta correspondiente.
En resumen, tres puntiños de ouro para o Malpica e bastantes tarxetas que esperemos non se reflexen na marcha do equipo.