FOTO DE EQUIPO 2023-2024

FOTO DE EQUIPO 2023-2024
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 4 de outubro de 2009

SOFÁN 1 - MALPICA 2

Dada a mañán tan pasada por auga que houbo na zoa de Malibú (curioso nome que lle puxeron ao binomio "Malpica-Buño" e que tampouco é que lle quede tan mal), o tempo que tivemos nos foi mais que aceptable. Un campo formidable para a práctica do fútbol ainda que se faga pequeno e condiciona moito o desenvolvemento do partido.

Na primeira mitade non houbo mais que unha xogada relevante: pase ao borde da área grande, Esmorís que o recolle, driba ao porteiro e , cando iba a marca-lo gol recibe a entrada por detrás do nº 2, Juan Pensado. O árbitro pitou falta e tivo que expulsalo por ser o último defensor.
Na segunda parte tivemos a suposta ventaxa numérica. Pero en ese tipo de campo, e sobretodo, coa entrega que puxo o Sofán no campo, apenas se notou. Xa nos había pasado eso a nos mesmo fai un par de anos (ganamos 0-1 acabando xogando en minoría). Eles fixéronse co centro do campo. E adiantáronse no marcador con golazo de falta dun dos xogadores mais determinantes que teñen, Agustín Viña. Poñíase o partido costa arriba, pero sóio uns minutos despois empatábamos con un centro-chut de Fino desde a dereita que, aliado con algo de boa sorte, entrou polo ángulo da escuadra. E pasamos a domiña-lo partido. E a definilo nunha falta desde a esquerda que centrou perfectamente Ramón Angel e Lancha empurrou o balón ao fondo da rede. De ahí ao final non houbo mais xogadas relevantes defendéndo nós con certo orden.
En canto ao árbitro, Juan, creo que se merece un 3. É certo que é un pouco puntilloso e iso a veces mosquea ao persoal. Pero si o comparamos con gran parte das arbitraxes que hai nesta liga e incluso na de Rexional, xa nos gustaría que todos foran desta natureza. Non fixo nada doutro mundo, tampouco o partido foi duro. Pero outros árbitros, no seu lugar, sempre a lían de mala maneira.

Ningún comentario:

Publicar un comentario