FOTO DE EQUIPO 2023-2024

FOTO DE EQUIPO 2023-2024
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 25 de outubro de 2009

MALOS RESULTADOS PARA A SCD

Nos demais partidos desta fin de semana non houbo bos resultados para os nosos equipos.
Hoxe xogou a SCD en Muros. Non tivo maior historia este partido. O campo, ainda mais pequeno que o de Sofán, ten o mesmo resultado. Vintadous xogadores enchen un campo deses sin dar casi lugar a que haxa hocos para trenzar xogadas.En condicións normales o resultado xusto sería un empate a ceros ou a uns. Gañou por 2 a 0 o Muros facendo duas xogadas similares. Córner botado desde o mesmo sitio, balón ao primeiro pao. No primeiro salta o dianteiro sólo, cabecea, e o rechace in extremis de Marcos Amado chega a un deles que marca. No segundo, balón ao primeiro pao, peina cara atrás un rival e o balón chega ao segundo pao dónde ¡dous xogadores solos! chegaban ao remate, o primeiro fallou pero o segundo non perdonou. Seguro que o mister Agilda tomará boa nota de traballar este tipo de xogadas. Mentras os nosos tamén tiveron un par de ocasións moi boas ocasións para marcar, sobretodo a de Casais. Pero non era o día para os nosos xogadores. Eles tampouco tiveron ningún rubor para tirar o balón afora para desfacer o xogo. A arbitraxe, prácticamente perfecta. Si cadra o único fallo foi que non dera órdenes a o delegado do Muros para encender a iluminación do campo porque nos últimos quince minutos non se via tan ben.
O sábado pola tarde os xuvenís perderon pola mínima ante o Muxía. Ainda que este equipo saiu mais metido no partido, tendo duas ocasións nos dous primeiros minutos, os nosos centrarónse un pouco e o xogo pasou a estar mais repartido. Eles marcaron o seu gol nunha xogada ilegal porque nun balón que se lle escapaba a Victor cando se tirou a por él recibiu unha patada na cabeza fortuita do dianteiro deles. Co noso porteiro tirado no chan, o seu xogador recolleu o balón desde fora da línea de fondo e, sin oposición ningunha dos nosos xogadores, avanzou amodiño cara a portería e marcou. O árbitro, que estaba na outra mitade do campo, nin se enterou como no resto do partido. E os nosos tampouco. Pero sempre hai quen ten que da-la nota: porque o seu entrenador, cinco minutos despois, nun balón que os nosos non botaron fora tendo que facelo porque había un xogador rival caído no campo, espétalle ao noso entrenador Esmorís "¿así enseñades aos rapaces?". En fin, sempre fala o mais indicado. Poido obter o empate que facía xustiza Miguel Dourado tirando solo diante do porteiro pero éste parou moi ben.