FOTO DE EQUIPO 2023-2024

FOTO DE EQUIPO 2023-2024
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 25 de outubro de 2009

MALPICA 1 - CORCOESTO 2

Visto o tempo que houbo pola semana tivemos unha mañá moi boa para xogar ao fútbol.
Non soubemos cómo pero fixemos unha primeira parte desastrosa. Os de Corcoesto pelexan cada balón pero eso non tiña que supoñer tanto problema. Eles levaron o partido ao seu lado e gañaban ao descanso por 2-0. O primeiro, obra do nº 4 (Jesús Fuentes) nun corner dónde aparecen dous atacantes solos para cabecear. O segundo, gol tonto donde os haxa, nun balón que chega ao vértice da área pequena, sin perigro algún, Manolito que non sale a por él, Almóvil que salta de cabeza, o balón sale en vertical e o nº 8, Juan Esmorís, volta a cabecear mansamente por riba de Manolito. Pero ese gol facía xustiza ao que se viu nesta primeira mitade.
No vestiario, o mister sacóunos presión, tiñamos que tentar xogar tranquilos. E saímos na segunda mitade mais centrados. Empezamos a arrinconar ao Corcoesto no seu campo porque tamén eles baixaron o seu ton físico. Marcou Ramón Angel e seguímos presionando. Eles xa se dedicaban soamente a perder tempo, cousa que nós temos demostrado por outros partidos que non sabemos cómo se fai. Tivemos unha oportunidade inmellorable para empatar por medio de Esmorís que recollendo un pase medido desde a dereita cruzou o balón ao segundo pao, saindo fora por moi pouco cando o porteiro xa estaba batido. E tentámolo hasta o final pero non poido ser.
En canto ao árbitro, Martín, non temos moita queixa. Soamente que deixou no campo ao nº 25 deles, Eliseo Velo, xogador que se fartou a dar patadas impunemente aos nosos medios sin balón por medio sin levar a segunda amarela que o sacaba do campo. E que Martín os deixou perder todo o tempo do mundo. Despois viñeron os probremas porque descontou todo ese tempo ao final e os xogadores rivais protestaronllo enérxicamente. Salvo eso, todo o demais fixoo ben. Dámoslle un 2.

Ningún comentario:

Publicar un comentario