FOTO DE EQUIPO 2023-2024

FOTO DE EQUIPO 2023-2024
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

luns, 19 de outubro de 2009

O XOGO DE ORQUESTA SINFÓNICA DO MALPICA DE VETERANOS

O equipo funciona as mil maravillas, como unha orquesta sincronizada dirixida (¡bueno, fai os cambios!) polo director Von Carallán, cada un sabe as pezas que tocar.

¡Quen lle dera ós nenos cantores de Viena estar tan finos coma os nosos xogadores! A algúns tivémolos que capar para que non perdesen a voz infantil que soa polos campos da costa da Morte todos os domingos pola mañán. Xa nos chaman o "equipo dos castratti".

Esperemos que non se repitan as escenas do ano pasado, cando acabamos coa cabra o lombo dando o espectáculo polos mesmos campos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario