FOTO DE EQUIPO 2023-2024

FOTO DE EQUIPO 2023-2024
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 18 de outubro de 2009

CORISTANCO 4 - MALPICA 4



Día perfecto para a práctica do fútbol. Xogamos as 12 por haber no campo de Coristanco dous partidos. Asistimos antes ao final do empate a ceros entre Dep. Carballo e Leiloio, unha auténtica escabechina no que debería de ser un partido de tipo amigable. E o noso principiou tamén con tensión porque nunha avanzada de Carlos pola banda dereita recibiu unha carga que, coa parede dese lado mesmo pegada ao campo, estrellouno literalmente na mesma. Non pasaría a maiores si non se metera o que parecía ser o adestrador deles que, en lugar de calma-las cousas, dedicóuse a alteralas. En fin... Carlos saliu cara o banquillo e alí calmóuse. Todo arreglado.

No resto viuse un auténtico partido de fútbol, precioso, dónde as dianteiras poideron coas defensas, con alternativas no marcador (primeira mitade :1-0, 1-1, 2-1, 2-2 ; segunda parte: 2-3, 3-3, 3-4 e 4-4 final) e dónde poido gañar calquera dos dous equipos. Nos meteron gol os mesmos de sempre: Antonio Blanco (2), Jose M. Bertoa e Jose R. Pensado. Pola nosa parte, Esmorís fixo tres goles (o terceiro de cabezazo impecable) e Castriño un.
Sólo vou a destacar que o empate a catros chegou nun penalty claro, no único erro claro que tivo Manolito, cando ainda faltaban dez-quince minutos para acabar. Poidemos desequilibrar o partido si o árbitro nos pita un penalty a favor por patada clara a Ramón Angel na línea de fondo, dentro da área grande (que dera antes unha patada ao defensa que pudo ser falta e si cadra por eso Julio desentendeuse) e , sobretodo, por pitarnos un fora de xogo de Ramón Angel ,cando quedaba solo diante do porteiro, que NA VIDA poido ser. Eles, pola sua parte, tiveron unha última ocasión para marcar no último minuto pero o dianteiro, diante solo de Manolito, tirou mal. O resultado final non é malo para ningún dos dous equipos. Deixa a ambos co-líderes de segunda porque o Corcoesto perdeu co Cerqueda.
Tampouco queremos tratar como mala a arbitraxe de Julio. O partido foi intenso, todos queríamos decanta-lo partido cara o noso lado e si cadra presionámolo de mais. Nós creemos que se trabucou nese par de xogadas ao noso favor que podían ser definitivas. Tamén e verdade que no penalty a favor deles poido botar fora do partido a Manolito.Pero tentou segui-lo xogo de cerca e interesouse polo mesmo. Dámoslle un dous.

Ningún comentario:

Publicar un comentario