FOTO DE EQUIPO 2023-2024

FOTO DE EQUIPO 2023-2024
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 18 de outubro de 2009

PARTIDOS DOS XUVENÍS E DOS SENIOR

Todo saiu ben no resto de partidos da SCD Malpica. O sábado pola tarde, os xuvenís gañaron en Coristanco, nun partido no que, a priori, saia o equipo rivál como favorito. Pero os nosos xogaron un partido moi serio, moi ben compenetrados Javier e Pepis como defensas centrales e dando todo o que poideron os centrocampistas (algún de circunstancias como Iván, que deixou a banda para poñerse mais no medio e , ademais, marcar un golazo de vaselina). Duas asistencias perfectas de Miguel desde a banda xa medio sentenciaban o marcador ó descanso.
O equipo senior goleu ao pechacancelas, o Lira, por 4-1. Non tivo que esforzarse moito porque o equipo rival, cos xogadores presentados na tarde do domingo, non da a talla para esta categoría. O que sí se agradece é que polo menos xogan limpo, non tentan frena-lo xogo a base de patadas. Pero os goleadores Rancaño (por duas veces), Alfredo II e David Blanco deixaron o partido visto para sentencia. Non vale este partido para calibrar a medida que vai a dar a SCD Malpica este ano. Pero vese que se están a axusta-las cousas para que non se pasen os apuros dos anos anteriores.