FOTO DE EQUIPO 2023-2024

FOTO DE EQUIPO 2023-2024
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

venres, 16 de outubro de 2009

OPERACIÓN SOLIDARIA :"RESCATE DO KUN"

Según a axencia EFE, o máximo aspirante a artilleiro (tamén no fútbol), do Cabana, o Kun, lesionóuse gravemente despois do partido do pasado domingo, no restaurante donde daban boa conta da fauna autóctona da zona: churrascada e panceta do país.
Cando quedaba o derradeiro anaco de costilla, lanzóuse enrriba da bandexa do outro lado da mesa, pero a mesma idea a tiveron o resto da plantilla do Cabana e caéronlle encima do nocello, deixándolle a perna "pa" fariña.
Un familiar do Kun, de Malpica, puxo en marcha a todo o persoal do laboratorio dos veteranos dirixidos polo laureado e premiado científico Von Castroff.
Despois dunha operación de máis de 6 minutos, optóuse por unha implantación dunha prótesis temporal de titanio forrada con epidermis de porco celta. Decir que Von Castroff, según súas palabras, quedou moi satisfeito polo resultado:
"Jracias a Dios foi todo ven e agora só hai que esperar que o fixo (celofán) ajuante",
Según as palabras do propio interesado, está moi cómodo co seu novo "look":
"Agora podo desbordar máis fácilmente ao contrario, estou pensado en trocar a perna san por outra coma ésta"
Por si acaso o Kun ofrecéuse a San Nipío XII, o santo dos regates imposibeis, e leva un escapulario na bragueta do pantalón cada vez que xoga un partido.
¡ANIMO CAMPEÓN!

2 comentarios:

  1. JAJAJA, O VON CASTROFF SÁLESE. ESTE BLOG ESTÁ DE PUTA MADREEE!!!!

    ResponderEliminar
  2. que farta de rír.....! con ese doctor imposible que saia mal esto. Ahora que teño tempo voume dedicar ós dardos xa que o fútbol pareceme algo estresante, andade con xeito e disfrutade la liga. Gracias polo apoio.
    Kun

    ResponderEliminar