FOTO DE EQUIPO 2023-2024

FOTO DE EQUIPO 2023-2024
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 1 de novembro de 2009

2ª REXIONAL: MALPICA 1 - CAMARIÑAS 0

Bo partido defensivo da SCD Malpica. Tanto Victor cómo Marco, Iago e Marcos Amado mantiveron a raia aos dianteiros do Camariñas, axudados por un centro do campo que ésta vez foi mais de contención. Marcou David Blanco nos primeiros minutos para o Malpica e o Camariñas non foi quen de empata-lo partido, ainda que o tentaron, axudados sobretodo por un árbitro que pitou cousas moi sorprendentes. Pero o partido rematou moi ben para os nosos. Tres puntiños moi estimulantes.


E onte xogaron en Carballo os nosos xuvenís un partido moi decente. Esmorís xa atopou a sua parella de centrales, Javier e Pepis. Notables os dous. O mesmo que Victor na portería. No centro do campo xa ten a Esteban, que corta un montón de balóns. E cara adiante, Iván, Miguel e Carlos son un perigro para as defensas rivais. Marcou primeiro na segunda mitade o Bergantiños, no único erro defensivo global que houbo na tarde. Empatamos por medio dun bo gol de Gonzalo no saque dunha falta. E eles marcaron pouco despois nun bo tiro do seu nº 10. Tivemos a mellor ocasión para empatar nun tiro ao pao de Eloy, co porteiro batido. Douse a nota relevante en que o equipo rival terminou con dez xogadores, ao sacar o seu entrenador do campo a David Castro, supuestamente por desacato, e non tendo relevo para él.