FOTO DE EQUIPO 2023-2024

FOTO DE EQUIPO 2023-2024
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 1 de novembro de 2009

DP. CARBALLO 2 - MALPICA 1

Xogamos moi cedo e con moita auga. Partido xogado de poder a poder entre dous equipos que xogaron e deixaron xogar. Houbo un tempo para cada un dos equipos.
Na primeira mitade xogou mellor e adiantóuse o Dp. Carballo por medio do seu nº 5, Eugenio, aproveitando unha indecisión en defensa, ainda que o mellor xogador que tiveron foi o nº 10, Pablo Fuentes, que moveu ao seu antoxo o centro do campo e o tempo do partido. Nós despertamos nos últimos quince minutos e tivemos duas ocasións moi boas por parte de Ramón Angel e Esmorís.
Saimos na segunda mitade a por todas e conseguimos domiña-lo encontro. Xogamos con tres puntas, arriscando a que algo saira mal. Tivemos unha ocasión inmellorable por medio de Esmorís, que fallou na definición ao rechace do porteiro deles. Empatamo-lo partido por medio de Tono Alfeirán, nun tiro desde o borde da área despois de unha boa xogada trenzada entre varios xogadores. E cando mais domiñabamos, nunha contra e outro despiste defensivo, chegou o balón a o nº 6 (Jesús Puente), libre de marca, que eleva o balón por riba de Manolito. De ahí ao final, tentámolo pero non tivemos sorte aparte de que eles dormiron o partido a base de faltas tácticas no medio do campo e pérdidas de tempo.
E tiveron ao mellor amigo para facer esas perdas de tempo. Rafa é demasiado diplomático. Eu creo que ten a teoría de que o equipo que mais berra é o que ten a razón ao pedi-las cousas. Ainda sendo moi respetuoso cos xogadores fáltalle moita personalidade para dirixir un encontro. Dámoslle un 1.

Ningún comentario:

Publicar un comentario