FOTO DE EQUIPO 2023-2024

FOTO DE EQUIPO 2023-2024
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 8 de novembro de 2009

MALOS RESULTADOS PARA A SCD MALPICA

Malos resultados para os nosos equipos no fin de semana. Hoxe pola tarde xogou o equipo senior contra do Xallas en Santa Comba. Perdeu por 4-1 nun partido no que os nosos nunca se encontraron cómodos xogando ao fútbol. Ao Xallas bastoulle con amosar seguridade defensiva. A partires da falta sacada que se ve na foto dónde recibiron o primeiro gol o único momento do partido en que poideron achegarse claramente foi nun ataque malogrado por David Blanco cando o marcador iba 2-0. Tamén tiveron unha arbitraxe bastante caseiro e dictatorial porque nun partido sin grandes entradas acabaron casi que todos os nosos tarxeteados. O árbitro transformou un penalty feito a Cheo en tarxeta amarela para éste e posterior roxa, dis que por tocar ó colexiado. O anticuado feudalismo de non poder tocar ni un pelo, hoxe ao rei, antes ao Generalísimo, ten evidentes secuelas neste tipo de "reyezuelos" que reinan polos campos da costa adiante. E non contento con expulsar a Cheo, expulsou seguidamente ao entrenador Agilda por decirlle "árbitro, ¿dun penalty unha tarxeta ? que creo que entende todo o mundo e dí claramente por dónde foron os tiros.
O resto de resultados tampouco favoreceron a SCD: os xuvenís perderon o sábado pola tarde por erros propios na casa contra do Camariñas 2-3 e os cadetes foron a Cee pola mañá perdendo 2-1.