FOTO DE EQUIPO 2023-2024

FOTO DE EQUIPO 2023-2024
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 8 de novembro de 2009

MALPICA 0 - AT. MILAGROSA 2

Partido xogado nunha mañá fría con duas partes ben diferenciadas. Na primeira mitade xogamos bastante ben. O At. Milagrosa non se achegou prácticamente a nosa área. Poidemos adiantarnos no marcador si Añón pitara un penalty clarísimo de España sobre Ramón Angel cando encaraba sólo ao porteiro e derribouno por detrás. Pero chegamos con empate a ceros ao descanso.
E na segunda parte todo saiu ao revés. Olvidámonos de xogar ao fútbol. Démoslle opcións ao rival. En un mal entendemento entre Luis e Manolito, nun balón fácil para o porteiro, deixamos sólo ao nº 20, Roberto, que marcou a placer. E pouco despois sacaron eles un corner, o balón chega a o nº 21, Jose Manuel, que, sin oposición, marcou de tiro cercano o segundo. Nesta segunda parte sólo tivemos bo ataque nun centro que Esmorís cabeceou fora. Resultado xusto.
Outra cousa é que lle demos boa nota a Añón pola arbitraxe. Sigue o xogo desde moi lonxe. Foi determinante no penalty que non pitou: ainda por riba estaba a kilómetros da xogada, cómo para velo en condicións. E déuselle nun arrebato final por sacar algunhas tarxetas sin vir ao caso, nun partido que prácticamente foi de guante blanco. Dámoslle un 1.

2 comentarios:

  1. un 1 para ese tipo é un luxo. Non sei como collóns seguimos permitindo que arbitre ese vago, porque eso é o que é: un vago e un jeta que nos tima cada domingo a todos.

    ResponderEliminar
  2. bueno, 0 solo llo dou a quen semella de facelo adrede e desespera a todo o mundo. si non hai ese ánimo, que creo que non o hai, e se levanta todo-los domingos ainda que sexa cobrando, vamos a darlle esa licencia.

    ResponderEliminar