FOTO DE EQUIPO 2023-2024

FOTO DE EQUIPO 2023-2024
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 22 de novembro de 2009

MALPICA 2 - LEILOIO 3

Acabouse o que se daba. Estamos de rebaixas. Sin ánimo de querer ofender a ningún dos nosos rivais, somos unha banda. Nunca tanto deixamos facer e nunca tanto deixamos de facer. O Leioio non gañara hasta agora e gañounos sin problema aparente. Eso sí, eles puxeron moitísimo mais espíritu e gañas no xogo, axudados por unha bancada que berrou moitísimo durante o partido.

Na primeira mitade xogamos a favor de vento pero nin con esas tiramos a porta nin unha soa vez. Duas faltas sacadas moi mansamente foi todo o bagaxe futbolístico que tivemos. Ainda así poidemos adiantarnos si Pillo nos pitara un penalty claro sobre de Ramón Angel. Pero chegamos con empate a ceros ao descanso.

Na segunda mitade eles xogaron a favor de vento. Axudounos algo no primeiro gol, gol olímpico desde o corner marcado polo nº 14, Nuñez, nun balón que Manolito non soubo defender.
Non pasou nada, seguimos xogando. Empatamos por medio de Ramón Angel. Cando non había dominio de ningún dos dous equipos, nun balón que chegou a nosa área , meteu a punta da bota o nº 21 (Ceán) e, co beneplácito de Manolito, marcou gol. Empatamos de novo por medio de Ramón Angel, que cabeceou unha falta botada por Lancha. Cando se supoñía que endereitaramos o rumbo do encontro, Núñez chuta desde o medio campo, e , coa axuda do vento e da inopia en que estaba Manolito, meteu gol. Xa non quedaba mais que atacar a desesperada. Pillo regalounos un penalty que tirou Ramón Angel, moi mal, as mans do porteiro. E ahí acabouse o partido.

Duas consideracións: a primeira, que cada vez que Ramón Angel mete dous goles ou mais, nunca gañamos, o cual xa debería de mosquear ao noso compañeiro pero que o toma con evidente sentido do humor. A segunda, o baixo nivel do noso porteiro: non é o Manolito que empezou a liga. E notámolo bastante.

En canto a Pillo hai que decir que non incidiu moito no resultado. Tamén e verdade que poidemos marcar nós primeiro si pita o penalty da primeira parte, e poidemos empata-lo partido finalmente si marcamos o penalty que nos deu. Deixouse influir algo polo que o banquillo do Leiloio lle berraba. Pero en líneas generales foi unha arbitraxe normal. Dámoslle un 2.

2 comentarios:

  1. ¡Xa postos tamén lle podíamos dar unha aperta! (o árbitro)

    ResponderEliminar
  2. Con todo-los respetos, eu prefería que viñeran mulleres a arbitrar. Dáballe todo-los apertas que quixeran.¡O comité ten a última palabra! ¡revolución xa!

    ResponderEliminar