FOTO DE EQUIPO 2024-2025

FOTO DE EQUIPO 2024-2025
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

luns, 14 de maio de 2012

MALPICA 2 - PONTECESO 0 (E PASAMOS A PENALTIS)

Antes de enumerar o que pasou no partido, creo que é de xusticia empezar polo gran accidentado do partido. Ao pouquiño de empezar, balón en largo que non da por perdido a Galerna. Chega o balón botando ao borde da área e mete a cabeza para darlle, o cual logra. O grandísimo porteiro pontecesán Guillermo sale para tentar tapar o remate. A Galerna cabecea o balón por enrriba de Guillermo, en xogada que casi termina en gol, pero o impulso que toma para o remate fai que non poida parar. Eso unido a que, si cadra, Guillermo ao ser no borde da área non meta as mans (tanto para despexar, o cual pudera ser reclamado como penalti, como para protexerse como era debido ante o choque). O choque entre os dous deu como resultado a rotura do tabique nasal do bravo cancerbeiro (no cual desgraciadamente xa era reincidente) e o seu traslado inmediato a un hospital coruñés.




















Despois dese gran susto e do descanso pertinente reanudamos o que foi o partido. Partido típico da copa, con dous equipos que non se deron por vencidos en ningún momento. O tempo non era malo ainda que facía vento e notábase. Para suplir a Guillermo tiveron que poñerse primeiro Rey e despois Miguel. Eso deu luar a unha polémica pola nosa parte, posto que nun partido noso anterior Caamaño, o árbitro, non deixou poñerse como xogador a Galerna despois de haber estado un anaco na portería. E Jose Antonio deixou a Rey poñerse como xogador despois de suplir momentáneamente a Guillermo (creemos que o equivocado fora Caamaño no seu momento).



























Fora polo cambio obrigado de porteiro, fora polo noso empuxe inicial, logramos o primeiro gol no min. 6 cando Fran fai unha xogada desde a esquerda e lanza un trallazo que entra lambendo o poste dereito da portería, sin que Rey pudera facer nada. Este partido foi moito de loita no mediocampo e quizás o primeiro tempo foi mais de dominio noso. E pudemos marcar o segundo cando Fran conseguiu chegar en boa posición para definir pero o seu tiro saliu lambendo o poste dereito.


Pero na segunda parte, ao revés do partido de ida, foi mais de dominio do Ponteceso. Ainda que marcamos nós, outra vez por medio de Fran, que chega ao fondo pola banda dereita, regatea e, cando pensábamos que iba a dar unha asistencia, lanza outro zambombazo que se cola polo lado esquerdo da portería que defendía Miguel. Remontamos e pasamos a sufrir porque entonces sí que o Ponteceso se lanzou a fondo. A mellor ocasión que tiveron foi nos pés de Suso Méndez, que chegou sólo diante de Nacho pero o noso Suso Cereo empurrou lateralmente ao xogador e conseguiu que, ainda que tirara, non fora capaz de meter gol. Creemos que pudo ser penalty ainda que Suso Méndez errou cando non se deixou caer para conseguir tirar. E a pouco de rematar o partido, no min. 85, foi Victor o que tivo outra grande oportunidade cando recolle un rechace ao borde da área e lanza un pepinazo que non entrou porque Nacho fixo a parada do partido.


E tocaba prórroga. Un castigo innecesario no fútbol de veteranos. Hai que recoñecer que 120 minutos son moitos minutos. Sobretodo para nós, que somos un equipo bastante limitado. O Ponteceso seguramente  non estaba pola labor porque sabía que, no caso de lanzar penaltis, non terían igualdad de oportunidades na portería (con todo-los respetos aos seus guardamallas circunstanciales, que o fixeron impecablemente). Aparte que nesa prórroga as forzas non son as mesmas aos trinta e pico-cuarenta anos (maioría nos pontecesáns) que aos cuarenta e pico-cincuenta e pico de anos (maioría nos malpicáns). E na primeira parte da prórroga, a favor de vento, os pontecesáns botaron o resto. E nós defendémonos como gato panza arriba. Sobretodo nunha xogada onde Pena rompe o fora de xogo pola banda esquerda e chega sólo ao fondo desa banda ainda que algo escorado e a punto está de facer dano. A mesma tónica na segunda parte, con vento a favor noso, no cual estivemos un pouco mais folgados. Ou sexa, non se moveu o marcador e pasamos a tanda de penaltis, que desglosamos na outra nova.




Polo que se refiere a arbitraxe de Jose Antonio igual os nosos rivais ou algúns dos nosos compañeiros non dirán o mesmo. Creemos que pasou con boa nota o transcurrir do partido. Sabemos que pudo ser decisivo na xogada do posible penalty. Había opinións para todo-los gustos nos dous bandos sobre ese tema. Pero hai que ver que no partido houbo tensión futbolística e, ainda que no noso banquillo o discutían, non leva os partidos ca intención de jorobar a ningún dos contendientes. E esa idea tivémola sempre que nos arbitrou.

6 comentarios:

  1. Parabéns pola victoria e polo pase de ronda aó equipo do Malpica.
    De verdade que foi un autentico partido de copa, pero o peor foi a lesión, ou lesións dos nosos compañeiros, sobre todo a de Gerardo ó que lle desexamos unha pronta recuperación.
    A pena é que sólo podia pasar un dos dous, pero foi bonito mentras durou, e agora toca matar o gusanillo na pachanga dos xoves, e os domingos coas mulleres (cada un coa súa) que xa lles toca.
    Os ianquis dirian que son danos colaterais.
    Pois agora solo vos desexo que gañedes a copa para polo menos dicir, que palmamos cos campeons.
    Sorte e gracias polo trato recibido
    P.D. Pa unha ves que non me tiro ...
    SJ11

    ResponderEliminar
  2. Xa daredes noticias de Gerardo. Esperemos que, si foi rotura (cousa que quedou mais ou menos clara, desgraciadamente) non lle faga perder gañas de xogar cos veteranos. Está clarísimo que é un gran porteiro. No que respecta ao partido, déstedes unha gran lección de saber perder, porque hai algúns que ainda non saben nin saber gañar. Gañar a copa non é un obxetivo fiable para nós, conformámonos con pasalo ben e tentar competir e mais, ainda que agora estamos na segunda, esta eliminatoria era un derbi e un pulso para nós, non sei para vós.
    Damos gracias a copa de poder repetir estos partidos co voso equipo (con ésto que digo non quero decir que desexe que veñades para segunda, que sigades en primeira moitas temporadas).
    E sí, eu tamén o digo, para unha vez que podías tirarte,...

    ResponderEliminar
  3. jose ramon( numero 7)15 de maio de 2012, 17:45

    gracias equipo por aguantarme este ano...eivos de votar de menos pero a vida e asi...seguirei sendo do malpica desde donde estea e suerte na copa..

    ResponderEliminar
  4. non houbo nada que aguantar, foi un placer tervos de incorporacións neste equipo esta temporada. moita sorte e esperamoste a volta. que sexa o antes posible e que che vaia todo moi ben.

    ResponderEliminar
  5. noraboa por o pase a seguinte ronda de copa . que teñades moita sorte en ponte do porto. susoxxl

    ResponderEliminar
  6. gracias,mañan daremolo callo tamen,

    ResponderEliminar