Na primeira mitade saiu decidido o equipo rival. E nos primeiros dez minutos xa tiveron duas ocasións moi claras. Primeiro foi Toniño o que apareceu sólo entre os dous centrales, pero en lugar de avanzar cara a portería tirou rápido e o balón saiu alto. E tres minutos despois Luis lanza ao pao. No min. 25 unha falta lanzada por Canosa por enrriba da defensa salvouna in extremis Nacho. As nosas únicas aproximacións foron seguidas : nos min. 30 e 32 a Galerna, moi batallador, consigue chegar ao balón pero o seu primer lanzamento serio foi neutralizado polo porteiro Ruso e o segundo saiu fora. E a última ocasión foi para o equipo rival cando un centro desde a dereita foi cabeceado por Luis e outra vez o balón petou no poste. E decir, estábamos vivos no partido de puro milagro.
Comenzamos a segunda mitade facendo dano. No min. 47 pase en longo de Mutio perfecto para a Galerna. Ainda co acoso dos centrales consigue levar o balón cara portería e marcar o 0-1. Moito premio para nós pero había que defendelo. Porque o Porteño puxo toda a carne no asador. Ca incorporación no ataque do lateral dereito, Barcia, que non conseguiu ser freado como debido e a aportación no ataque de Luis conseguiron poñer coto a nosa portería. Nós dedicabamonos mais a xogar ao contragolpe e nun pase en longo de Añón a Fran, éste aparece diante de Ruso e, entre o defensa e Fran, o balón rebotado casi que vai a gol pero Ruso toca ca punta dos dedos e evita o gol . E, ainda que para o Porteño as ocasións de gol non eran tan claras como na primeira parte, no min. 65 Sambade con certa fortuna recolle un rechace cerca da portería e bate sin remisión a Nacho, que non pudo facer nada. Seguiron atacando e Nacho fai a parada do partido cando Canosa colle un balón desde a esquerda fora da área grande e lanza un misil directo cara a escuadra dereita da nosa portería. Nós tivemos a continuación un balón en largo que chega a Añón e o seu tiro da no corpo do porteiro rival. Para os rivales duas ocasións mais con disparos que tamén neutralizou Nacho.
Pero contaron ademais con un despiste colectivo formado no noso equipo. Porque Carlos fartouse de oir reproches no campo, pediu o cambio para marchar e, no despiste que se formou entrando Luis no lateral dereito e pasar José Regueira ao lateral esquerdo (todo en pleno xogo), non se pudo efectuar dito cambio ca rapidez necesaria. Polo que nese disparate malpicán un balón chegado polo lado do lateral esquerdo non había ninguén para cortar, salvo Chucho, que mete as mans como si de fútbol americano se tratase e agarra o balón para evitar o posible gol. Expulsión do noso central e para mais inri a conseguinte falta lanzaa Canosa (última das fotos mostradas) ao pao do porteiro que non consigue atallalo, facendo o 2-1 definitivo. Resultado que, como dixemos, non é malo despois do sucedido e que nos da algunha esperanza para a volta. Eso sí, estaremos bastante en cuadro, pese a reaparición de Esmorís.
A arbitraxe de Rama parecía ser bastante polémico porque creíamos que viña nun deses momentos seus bastante atronadores, síntoma de que habería algúns expulsados. Pero, sinceramente, non podemos achacarlle nada (nin nós nin os rivais) porque arbitrou bastante serio e o partido foi xogado limpamente. Acertou plenamente na expulsión de Chucho Canido e non foi determinante no resultado. O Porteño pediulle un penalty na primeira mitade porque o balón chutado con forza desde fora da área tocou a man de Suso Cereo, pero creemos que a tiña pegada ao corpo e tampouco contaba co lanzamento.
bo partido sogado no campo do ponte do porto porcerto e un campazo unha autentica alfonbra,,apesar de todo non temos mal resultado non e o que merecemos tampouco pero que llo digan o chelsea.a e tamen disculpas o equipo polo segundo gol ,,,,,
ResponderEliminarbueno amigos non e tan mal resultado con 1-0 pasades tendes que concentrarvos ben o sabado tomando uhas cañas e uhas tapiñas e non teredes problema. que desto e do que se trata .
ResponderEliminaro meu querido vinte requeante alegrome moito de que todo salira ben,en canto a luci esta moi ben pero tera que empezar a facer os cambios nos partidos .aproposito ascendemos de categoria ganamos o sionlla 1-3 xa somos de 1º a .
moitos saudos do bergan da liga de santiago.
Creo que falo en nome de todo o equipo de veteranos cando digo o siguinte : Nacho, non hai que pedir disculpas porque a opinión unánime dos dous equipos que xogaron hoxe é que de non estar tí na portería seguramente a derrota sería mais abultada. E a nosa mais cordial noraboa aos Veteranos do Bergantiños da Liga de Santiago polo brilante ascenso acadado. E o mais importante é que Luci siga con vós. Un abrazo moi grande.
ResponderEliminar