FOTO DE EQUIPO 2024-2025

FOTO DE EQUIPO 2024-2025
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

xoves, 3 de maio de 2012

NOVA ENCUESTA

Facía tempo que non poñíamos ningunha. E decidímonos por ésta. Parece ser que aparecen novos equipos para xogar na Liga de Veteranos 2012/2013 (cousa moi boa para a saude e o transcurso da mesma) e ante o anuncio de que a inclusión dos mesmos seguramente daría lugar a que os equipos que iban a descender de 1ª división xa non terían que facelo é polo que vamos a  poñer na barra da arriba (queríamos poñelo a dereita pero así non se vían os resultados) unha encuesta para saber que poden pensar os que a cubran  en canto ao procedemento para organizar as distintas divisións. Porque si ben é certo que os que iban a baixar de 1ª div. poderían seguir ahí, tamén é certo que os que non puderon ascender de 2ª div. e se quedaron as portas poderían ter os mesmos dereitos. E este problema xa non é a primeira ocasión en que se presente nin será a última. E para evitar suspicacias recordamos que os veteranos de este equipo non temos ningunha oportunidade de ascenso esta temporada.

Ningún comentario:

Publicar un comentario