Partido xogado as 10 da mañán con un tempo bastante apacible nas luxoxas dependencias do Pinguel. Si xa era unha gozada o ver cómo estaban antes, cos banquillos novos que puxeron ultimaron un escenario impresionante. Ojalá se poida ver unha cousa parecida nos demais campos da zona en un futuro non moi lonxano.
Partido que, cando se xogaba na mesma liga fai anos, era un auténtico derbi, Dese tempo siguen varios xogadores aos cuales tivemos o gusto de saudar de novo. No resto reforzáronse con xente moi nova que tamén sabe xogar ao fútbol. Eso sí, ca falta de Alfonso, Mato ou Paco, renunciaron ao control do xogo en mediocampo, pero cambiaron a un estilo de xogo mais directo sobre da portería contraria con moitísimo tono físico.
Bueno, o marcador conseguido polo Ponteceso é moi bo para os seus intereses. Ainda que parécenos que é bastante abultado para o que se viu no campo. O control do primer tempo correspondeulle ao equipo rival. Despois duns minutos de tanteo (nos que faltaban no centro da defensa Suso e Tono encargándose desa función Chucho e Mutio), a primeira ocasión foi nosa no min. 20, pero Añón non conseguiu controlar un balón que o deixaba sólo para encarar ao porteiro. No min. 25 teñen eles a primeira das mellores ocasións do partido cando Antonio dispara a boca de xerro diante mesmo de Nacho con paradón de éste. E cinco minutos despois Pillo non pita fora de xogo claro e non marca o Ponteceso de casualidade. Respostamos nós no min. 34 cando Carlos centra desde a esquerda poñendo en apuros ao porteiro que despexa a corner. E no saque o balón centrado chega a Fran que, estando sólo nun fallo de marca, cabecea mal cando tiña todo ao seu favor. Non marcou e no min. 40 chega o primeiro gol deles : Pedro recolle un balón en tres cuartos de campo e lanza un zambombazo que pilla a Nacho algo adiantado. E cinco minutos chega o 2-0 que iba a ser definitivo cando Mouzo lanza unha falta que da no traveseiro da portería e ao rechace lánzase Victor de cabeza para marcar.
A segunda parte, polo contrario, foi nosa . O Ponteceso non pudo seguir mantendo o ritmo que había marcado e cediu a iniciativa. Tivemos tres ocasións para disminuir a diferencia. A mellor delas foi no min. 52 cando Fran centra desde a dereita e Añón sólo diante do porteiro lánzase en plancha salvando o porteiro cando se cantaba o gol. No min. 65 é Alberto o que proba lanzando a falta colocada que se ve na foto de arriba que parou moi ben o gran porteiro rival. E no 70 outra falta lanzada por Alberto foi rematada por Fran co pé, sin deixar caer o balón, pero sae fora.
Non nos gustou Pillo neste partido. Ainda que nos parece bo árbitro creemos que estivo algo caseiro. Non mediu da mesma maneira as xogadas de fora de xogo, non pode ser que o Ponteceso non incurrira casi nunca en fora de xogo e nós casi sempre. Eso afecta as posibles ocasións de gol.
En definitiva, gañou o favorito. E a nós tócanos remar en contra da corriente. Difícil nos puxeron a copa. Moi difícil.
Menuda crónica. Moita memoria ou utilizas a libreta como Van Gal?
ResponderEliminarAnte todo darbos a noraboa polo partido que fixéchedes, pois como ben dis a 2ª parte foi vosa, pero o gol resistiuse e en esa faceta e donde se gañan os partidos e nos estivemos máis acertados, polo que se espera unha bonita volta desta eleiminatoria.
Sorte e que gañe o mellor
tivestedes un marcador cojonudo para afrontar o partido de volta. é moi difícil que non vaiades a meter un ou varios goles mais. tamén é facil que a nós non entren as ocasións que poidamos crear.
ResponderEliminaro mesmo digo : sorte e que gañe o mellor.