Partido xogado en Baio baixo un insistente orbaio que, polo menos ao noso equipo, axudou as posibilidades físicas, sobretodo cando nos quedamos en cuadro debido as lesións de Alfeirán e Walter mais a posterior expulsión de Lancha.
Para a eliminatoria foi decisivo o partido de ida. Ou esa sensación nos quedou porque este partido foi bastante equilibrado. O Baio, ca baixa bastante importante de Tono, sólo se impuxo nos primeiros vinta e cinco minutos nos que marcou un gol, cando nunha xogada desde a esquerda chegou o balón ao nº 5 (Mato) que a colocou lonxe do alcance de Nacho, e mais nun tiro de Chino que tocou Nacho cos dedos e despois petou no poste esquerdo da nosa portería. Os nosos intentos de facer dano tiñan o mesmo impedimento : xogar moi lonxe da portería baiesa. Co cual, cando recollíamos un balón en ataque, había que recorrer moitos metros para chegar a facer algo.
Na segunda parte seguiu o xogo moi repartido. Empatamos o partido no min. 65 por medio de Fran en xogada que pelexou moito co defensa e na que o porteiro rival non acertou a atalla-lo balón deixando que o noso dianteiro pudera tocalo cara porta. Seguimos pelexando o partido e eles non acertaban a conectar o balón con perigro entre os seus dianteiros. Tamén hai que decir que en todo o partido as defensas impuxeronse as dianteiras cortando balóns moi complicados.
Do árbitro Eduardo Rodríguez nada que decir. A verdade é que o partido foi de pelexa pero o xogo foi limpo por ambas partes. Non quixo linieres para axudalo e visto o que pasou no partido de ida quizás fora mellor. O Baio pediulle fora de xogo no noso gol e nós reclamamos que nos cortara con fora de xogo un ataque de Fran cando creemos que non o había e marchaba sólo pudendo chegar a conseguir o 1-2. Nas tarxetas que puxo a Carlos e a Lancha, xusta a do primeiro e excesiva a do segundo (ambas por protestar, non por entradas). Foi o único pero que podemos poñerlle.
E outra boa nova para acabar : os Veteranos de Malpica voltaron a xogar e gañar o sábado ao fútbol-praia . Segunda victoria que sabe moi ben cando o noso papel era a priori participar nesa liga. Ou polo menos creemos que así o sinten os que integran o equipo.
avisade a ramon polo do billete ,,jeje,bueno foi unha temporada pa min perfecta outros con moito mais ca nos xa quedaron antes,
ResponderEliminarxa mas pagaras....contento de que chegarades hasta hay pero xa sabedes que o marchar eu perdechedes velocidad en ataque pola banda...jajajajajajaja,e broma...po ano mais e a descansar
ResponderEliminarO que perdemos foi un puntal nas encherolas,ja, ja, ja,... agora en serio, non perdemos velocidad porque nunca a tivemos, facemos o que podemos. Que xa foi moito. Noraboa aos veteranos de Baio, que o fixeron moi ben.
ResponderEliminara velocidade temola no esqueiro,non queda un pincho na mesa,fixemos boa temporada todos especialmente sin ofender a nadie suso o de cereo esta coma de 20 ,jeje
ResponderEliminarun 5º posto na iga e quedar en cuartos na copa non esta mal, noraboa pola tempada que fixestes esperamos veros a todos para o ano que ben.
ResponderEliminarsusoxxl bergan veteranos.
Gracias polo apoio recibido pola vosa parte, Suso. Non foi mala a temporada. A ver si a siguinte a podemos igualar ou mellorar.
ResponderEliminara siguiente quedamos 4 e na copa semis ,jeje
ResponderEliminar