O equipo baiés basa a potencialidade do seu xogo no control de mediocampo que fai o nº 24, Tono (entrenador do Baio senior), e na verticalidade que amosa o ataque, sobretodo no seu nº 9, Fuentes. Todo eso aderezado con continuos desmarques de ruptura e continuos apoios de todo o seu prantel. Para poder contrarrestar ese xogo sólo podíamos contar ca colocación dos nosos e esperar unha contra que pudese facer dano, cousa que non se produxo. Tamén hai que contar que varios dos nosos participaron o sábado no debut e victoria dos Veteranos de Malpica no fútbol-praia, motivo polo cual estaban bastante baldados neste partido.
A primeira mitade acabou 0-1. No min. 22 un saque de banda desde a esquerda é cabeceado por Fuentes adiantándose a defensa, alguén deles mete o pé e, ainda que un dos nosos defensas persigue o balón que vai cara o pao dereito da portería e consigue despexalo, o balón da no nº 6, Victor, que entraba cara porta, e sube ao marcador. Resultado corto para as ocasións que tiveron os baieses. Nacho detivo un tiro cunha boa parada. E noutra ocasión o pao rexeitou outro tiro que xa había superado ao noso cancerbeiro. Nós non tivemos ocasións porque xogamos moi lonxe da portería rival. Ao sumo creamos algunha ocasión nalgún córner, donde amontonamos homes na área, pero sin verdadeiro perigro.
Na segunda parte saltou immediatamente o 0-2. No min. 48 balón en largo que chega a Fuentes, salva driblando a saida de Nacho e, casi chegando a línea de fondo, dispara a portería. A partires de ahí o equipo rival baixou un pouco o ritmo. E nós empezamos a entonarnos algo mais e achegarnos a portería baiesa. No min. 65 Mutio lanza unha falta desde a esquerda, o porteiro rival non bloca o balón e o seu rechace chega a Walter que fusila o 1-2. Parecía que estábamos mellorando pero no min. 75 outro balón en largo a espalda da nosa defensa é recollido polo nº 5, Marco, que lanza un zambombazo que sorprende a Nacho. De ahí ao final do partido non houbo xogadas de relevancia.
Arbitrou Castro, auxiliado por Julio Pardiñas e Luis. Ben en líneas xerales, ainda que se notou certa descoordinación entre él e os seus axudantes, quedando en evidencia nalgunhas xogadas nas cuales non lles fixo caso ao que lle marcaban. Si añadimos que o único que lle reclamamos foi non haber sancionado con tarxeta amarela a un xogador rival que cortou deliberadamente o balón ca man e que a única tarxeta que levamos foi para Lancha por protestar queda todo dito. Oxalá que todo-los partidos que queden hasta a final de copa sexan tan fáciles de pitar. Creo que estará de acordo co dito Modesto, do Comité, que estaba presente na banda.
bueno e dificil pero imos a baio cun resultado jodido pero con intencion de pasar..solo hai que estar un pouco mais frescos ka o de este domingo e serios,non temos nada que perder a temporada xa esta feita,ten moito merito co equipo de veteranos kedara 5 na liga e chegar 4 na copa,un saludo e habisar a ramon que non colla billete de momento ..jejeje,,,
ResponderEliminarjaaaaa,que cabron eres....eu aqui sufrindo e ti ainda vacilas...xa chas pagarei.suerte en baio
Eliminarnon te preocupes que posiblemente marche eu tamen pa suiza,despois teremos que xogar porai se nos queren jeje
ResponderEliminarHai que darlle marxen á miragre,e máis tendo en conta que este fin de semana tocan festas en Buño (ahí o deixo....; pero en todo caso xa chegastes moi lonxe e desfrutade todo o que podades
ResponderEliminar