Tempo aceptable para xogar ao fútbol, impensable polo que se viu tanto venres coma sábado. Si alguén pode pensar que o equipo tirou a eliminatoria e xa non xogaremos o partido de volta está equivocado. Ao acabar o partido os xogadores malpicáns presentes estiveron de acordo en que iremos todos a Muros mais contaremos tamén ca presencia de Suso, Mutio, Abel, Carlos e Alfeirán (que non pudo vir porque o equipo do seu fillo, o Ifecgas Pereira Xiria xogou e gañou a final da Copa Federación Xuvenil de Balonmán, motivo polo que Tono faltou e que nos enche de orgullo a todo-los compañeiros).
É difícil que se poda xustificar un resultado tan abultado como o que nos meteron. Pero no fondo é moi sinxelo : a efectividade nos partidos de fútbol manda e o Muros tivo gol e nós non. Chegamos ao descanso con un 0-2, feito por Piti nos min. 11 e 30, pero con tres erros bastante claros de Alex e Walter en posicións moi claras para marcar.
Na segunda mitade outro tanto mais do mesmo. Marcou Coque no min. 56 e Piti completou o seu triplete no min. 81 con un bonito testarazo. O noso equipo non se rendeu nunca. A proba deso é que tivemos un tiro ao pao de Alejandro e un penalti a favor donde o porteiro adiviñou o sitio por dónde o tirou Manu Pardo. En xeral o partido foi bonito e disputado por ambas partes. Si cadra o noso equipo perdeuse un pouco con berros entre compañeiros e contra o árbitro.
Arbitrou Jorge Fernández Facal. A nós gustanos o tipo de árbitro que é ainda que algún dos nosos xogadores non esté para nada de acordo. Tamén hai que decir que non estaba en nivel físico óptimo no seu reencontro con esta liga e tivo consecuencias en fallos evidentes que tivo. Colocabase bastante ben e discutía cos xogadores porque pitou unha cousa en lugar de outra. Foi bastante condescendente cos xogadores porque, si chega a ser outro trencilla, varios integrantes de Malpica e Muros non acababan o partido polos improperios que soltaron pola boca. Vimos outro detalle que non habíamos visto noutros partidos e foi que recoñeceu sobre o campo que se había trabucado nun fora de xogo non pitado a Piti, que era claro, e parou o partido dando saque de banda ao noso favor.
Ningún comentario:
Publicar un comentario