FOTO DE EQUIPO 2025-2026

FOTO DE EQUIPO 2025-2026
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 5 de maio de 2013

ACABOUSE A TEMPORADA : MUROS 9 - MALPICA 0

Acaboúsenos. E con todos os beneplácitos nosos porque xa non damos para mais. Enfrente un equipo que xa está en primeira e que, a pouco que dispoña de todo-los seus efectivos, pode repetir o que fixo o Soneira e o Castriz (o de que un ano paseouse en segunda e o siguinte ano foi dos mellores en primeira). Ese equipo, ca xuventude e o bo facer dos seus xogadores mais a fame que mostran frente a portería rival, como mínimo pronosticamos que acabará a liga de primeira entre os cinco mellores, salvo que a sua xente non vaia aos partidos que sexan lonxe de Muros, cousa que xa fixeron esta temporada e por iso deixaron escapar o título de segunda.Tamén nos da a razón no tema de que xa merecía o ano pasado como mínimo xogar unha promoción de ascenso co Vimianzo porque xa sabemos todos o papel deste último equipo quedando en primeira ca entrada do Laxe na liga.

 O tempo foi inmellorable para tomar as cañas ao mediodía nunha terraciña (cousa que fixemos todos os que estivemos) pero bastante agobiante para un equipo que tiña os efectivos xustos. Eramos doce ao comenzo, con Alberto de Seaia facendo o que pudo na portería. Despois lesionouse Walter e sobreviviron a calor os once xustiños. Eloxiar craramente a todos eles porque, a pesar da chota recibida, non se deu nin unha sóla patada mal dada, cousa que os rivales agradeceron.

 Eles marcaron nos minutos 23, 30 e 31 para chegar 3-0 ao descanso. E no 58, 73, 76, 79, 83 e 86 para acabar. Si chega a durar dez minutos mais o partido acabarían 15-0 porque a fame de Piti, Coque i compañía non entendía de miramentos para a falta de forzas dos nosos. A segunda división, como dixen antes, quedaselle pequena. Para nós mellor que, ainda que nos guste moito Muros porque as veces que foramos alí tivemos un tempo de película para pasear e descubrir un pobo precioso, era un dos desprazamentos mais longos e incómodos para acudir a xogar.

 Arbitrou Gerardo e fixoo ben. Non tivo culpa no abultado marcador e estivo sempre moi ben colocado ainda que tivese algún fallo aillado nalgún fora de xogo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario