Non tivemos mal día para xogar ao fútbol, nublado pero casi que se aguantou sin chover. O partido foi a excusa perfecta para reunirnos o grupo de amigos que pululamos arredor dos veteranos de Malpica ca excusa de xogar un amistoso e xantar por invitación do noso mister.
Ao partido viñeron un par de invitados que se uniron a festa e que saben tamén moi ben xogar o balón, polo que lle deron un plus de calidad ao noso xogo mais algún dos nosos ex-xogadores, Ramón Angel e Almóvil, que oxalá non se houbesen marchado pero que entendemos que polo susto que levaron (e que os mancou durante un largo tempo) se houbesen decidido a facelo. Pola contra non puderon estar xogando con nós Alberto de Barizo, Tino e Carlos mais siguen mancados Matías e Lancha, ainda que viñeron a comida posterior. Polo que se ve este proxecto de amigos seguirá dando a tabarra unha tempada mais porque ninguén deu mostras de querer aparcar o fútbol.
Enfrente tiñamos ao novo equipo que a partires da tempada siguinte estará na nosa liga, o Erbecedo, formado casi que na sua totalidade por xente de Cereo, rapaces novos que saben tratar o balón pero que, ao noso entender, teñen unha prantilla non demasiado amplia para unha liga tan longa coma que nós xogamos. O partido foi un toma e daca entre os dous equipos. O de menos foi o resultado (si non levamos mal as contas foi un 5-2) no que o noso equipo xogou con mais seriedade que algúns dos encontros de liga e copa e os rivais apretaron bastante tamén, estando Nacho como acostuma e parando algúns tiros que parecían iban a ser goles. A nosa proposta de ataque tampouco desmereceu porque nalgúns momentos despregamos un fútbol brilante, con dominio e toques seguidos no mediocampo lanzando contrataques moi ben encamiñados.
Arbitrou Pepe Novo, que viñera a ver o partido xa que o seu fillo Victor Novo é un dos integrantes do novo conxunto e como hoxe non pudo vir Tino asumiu él moi amablemente as tarefas de arbitraxe. Fixoo moi decentemente e nin él nin o encontro mereceron un par de encontronazos verbais e físicos que tiveron lugar e que foron o único que sobraron a este amigable.
Ningún comentario:
Publicar un comentario