FOTO DE EQUIPO 2025-2026

FOTO DE EQUIPO 2025-2026
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

venres, 28 de xuño de 2013

CHEGA A ANSIADA FINAL

E por iso, e porque tamén se demostrou por parte da afición no partido de ida que se pode apoiar sin reservas ó equipo, que podemos xuntarnos o sábado a tarde e levar ós xogadores en volandas para darlle a volta a cousa. Sin ter que matar a ninguén, sin ter que botarlle a culpa a ninguén. Coa entrega de todos. ¡Ánimo, Malpica! ¡Aupa, Malpica!

Tres anos despois a historia da presencia do Malpica en semifinales sí chegou a bo término. Daquela vez os xogadores da SCD Malpica loitaron o indecible para darlle volta a un resultado adverso pero foi o Dumbría quen pudo chegar a final que perdería contra o Santa Comba. Para que despois digan que as oportunidades hai que aproveitalas, que non se sabe cando se volverá a repetir esta oportunidade. Mañán as sete da tarde presentarase na final da 50ª Edición da Copa da Costa. Despois de vintaoito anos sin disputala (cando a gañara). Arbitrará Edgar Soto, que xa arbitrara ao Malpica nesta liga contra o Piloño e contra o Camariñas.

Favorito para esta final por clasificacións deportivas é o Xallas de Santa Comba. Pero a partido único non se sabe o que pode pasar. A tempada pasada o Xallas perdeu en Malpica 1-0 cando traía un 2-0 favorable no partido xogado no seu campo. E o Santa Comba caía no partido de ida da sua eliminatoria en Buño por 2-1 tendo que remontar o resultado no seu feudo gañando por 3-0. Eles gañaron potencial unificando os dous equipos xalleiros. Pero tamén o Malpica desta tempada reforzouse moito (ainda que perdese ao final a dous homes importantes  no seu sistema como son Cheo e Rancaño, por traballo no extranxeiro). E unha sorpresa parecida xa pasou nesta mesma edición da copa cando o Camariñas (1ª Rexional) eliminou ao Soneira (Regional Preferente) .

Éstes son os equipos iniciais que presentou a SCD Malpica  nas sete eliminatorias disputadas hasta o momento, en fotos sacadas por Luis Porto.


Con todo, felicitacións anticipadas a S.C.D. Malpica (directiva, corpo técnico e xogadores), polo brilante papel desenrolado nesta campaña. O alento da afición dase por feito. 



¡ Ánimo, Malpica ! 

¡ Aupa, Malpica ! 

¡ A pola segunda copa 

da costa !

Ningún comentario:

Publicar un comentario