FOTO DE EQUIPO 2025-2026

FOTO DE EQUIPO 2025-2026
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 30 de xuño de 2013

NON PUDO SER : XALLAS DE SANTA COMBA 1 - MALPICA 0 (FINAL DA 50 EDICIÓN DA COPA DA COSTA)


Bueno, a festa do fútbol non foi completa. Pero sí que foi festa. A da afición porque unha vez mais soubo responder e estar ao lado do equipo, premiando a sua entrega desde o primeiro hasta o último minuto de partido. E a dos rapaces que demostraron porque chegaron a esta final comportándose deportivamente en todo momento a altura e dando un rendimento altísimo ao longo dela. Non nos cabe dúbida de que con eses dous ingredientes non vai a ser a última vez que vexamos cotas importantes no equipo de Malpica nun futuro inmediato.

Non vamos a facer crónica do visto no campo de fútbol porque, por primeira vez, están de acordo todo-los periódicos, impresos e dixitais, radios,o blog de Luis Porto, etc... : unha primeira parte donde o Xallas marcou pronto e tivo unha grandísima oportunidade de marcar o segundo gol (todo eso feito polo seu mellor xogador, Doro), e unha segunda mitade donde o Malpica meteu ao equipo rival no seu campo e pudo empatar e incluso gañar o partido. Os dous equipos demostraron sobre o terreno de xogo a sua forma física espléndida, mais impresionable si cabe tendo en conta que o día foi caluroso e casi que non se viron síntomas de desfallecemento por parte dos deportistas.

As fotos que sacamos sólo foron da previa do partido porque, estando presentes Jorge Parri e Xosé de Piratas de Muxía, non nos cabe duda de que non faltarán ningunha instantánea do mesmo. Fotos nosas que premian o estar da afición malpicán no Platas Reinoso de Baio.




Ningún comentario:

Publicar un comentario