

Empezou o verán e coinciden hoxe en Malpica duas celebracións deportivas importantes: na primeira delas un torneo benéfico para recaudar fondos para traer a Galicia (como todo-los anos) a nenos saharauis. Como prato estrella xogarase o partido Malpica - Veteranos do Deportivo as 18 h. que valerá tamén como homenaxe dos xiareiros malpicáns ao equipo de fútbol que tan bos resultados acadou esta tempada. Na mesma haberá churrascada, xogos para nenos pequenos e discoteca móvil.
A segunda cita corresponde a XXVI regata Illas Sisargas, cuya primeira etapa chegará na tarde de hoxe ao porto malpicán (tamén está previsto que sexa as 18 h.) e para esta celebración deportiva haberá sardiñada, actividades para os nenos e música. Mañán será a etapa final con volta a Coruña, con saida as 12 do mediodía.
Pola nosa parte, os veteranos de Malpica xogamos o primeiro amistoso da nova tempada en Buño as 18,30 h., con pinchada final na Esmorga (no Empalme). Haberá novedades no noso prantel, de cara a tempada que comenza, que detallaremos posteriormente ao partido.
Ningún comentario:
Publicar un comentario