FOTO DE EQUIPO 2025-2026

FOTO DE EQUIPO 2025-2026
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

luns, 8 de xullo de 2013

NOVA TEMPORADA : BUÑO 0 - MALPICA 3 (AMIGABLE)


En Buño xogamos o pasado sábado un amigable contra os Veteranos de Buño que sirve de empece a temporada 2013-2014. O de menos foi o resultado ainda que para nós foi bo que víramos porta. O peor foi a calor implacable que había no campo de Buño, un forno. Bromeabamos ca posibilidade de que non puxeran rótulo de "campo de fútbol" e puxeran o de "solarium", que enchían o campo. Hoxe axudounos no partido o noso camarada Ramón Angel, que sigue mostrando unha boa forma física ainda que tamén falla algún gol cantado (coma en él é habitual, tí na tua línea Ramón, para fallar hai que estar ahí).

 Tamén empezamos a perfilar a nova plantilla dos Veteranos de Malpica. Con tres novas fichaxes, duas presentes no partido de hoxe, Richard e Fran da Illa. Tamén se incorporará próximamente Marcelino do Ibarra. Non descartamos algunha fichaxe mais, que nos veñen moi ben, aparte de por demasiada idade, para ser abondos nos partidos e teñamos cambios. A xente que agora se incorpora son dos que apenas fallan na sua presencia. Xa dedicaremos outro capítulo as baixas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario