¡Por fin! A presión mediática e o lobby dos consumidores de licores fixeron mella en Hollywood, ao final adicáronnos varias estrelas no "Hall of Fame" no "Jolibud Bulebar", ¡é de xustiza!
Un dos remakes máis sonados foi "Os Intocables de Dourado Ness", basada na alineación do equipo dos veteranos, (xa que estos catro tiñan o posto fixo no once titular)
Tamén foi galardonado un dos mellores intérpretes dos veteranos: Suso Stallone, como mellor actor secundario; obsequiado coa chochona e o "perrito piloto". ¡Un crack!
¡And the chochona goes to:! Moises. A medalla do mérito ao traballo concedéuselle ao gran actor Guasi Brinner, por rodar en pleno mes de xaneiro, con ventos do norte e do nordés no picotiño da Atalaia vestido con taparrabos, e con unha tanga de cor vermella que lle deixaba escocidas as súas partes.....
Tamén se pensou no público infantil
¡Gracias a Walter por axudarnos cos efectos especiais de Matrix!
Os cinco mandamentos, foi outro dos exitos mundiais dos veteranos: para abrir as augas usaron as comportas da dársena e usaron catro caixas de palomitas para facer o efecto do "maná". Esta película calou profundamente na filosofía dos veteranos, case todos seguen ao pe da letra as súas ensinanzas
¡Quen non se lembra da serie de Langrán de la Selva! Coa mítica Guasi O´Sullivan, Albert Weismuller, e no papel de "Boy", Richard Burton, coa colaboración estelar dun familiar dos veteranos, no papel de Chita. Según a Axencia Tributaria estáselle reclamando a productora e sobre todo o actor mellor pagado a devolución do IVE das ganancias, a cantidade de 60.000 €: ¡A mona está desolada!
Unha das incursións máis intimistas dos estudios dos veteranos, Pedra Queimada Pictures, foi o éxito en taquilla do "Nome da Rosa".
Ningún comentario:
Publicar un comentario