Visitounos o Camelle co noso querido "Visente" nas suas filas, un home entrañable que da gusto ver cando asoma a xogar ao fútbol. O resto do equipo é o once rocoso e combativo co que tivemos problemas o ano pasado pola presencia, no partido de ida en Malpica, de Victor Gómez (xogador nese momento sancionado por largo tempo por haber agredido a un árbitro), cousa que o árbitro descubriu e que tiña que haber dado lugar a que lle desen por perdido o partido, cousa que non sucedeu e, para mais "inri", fixo que o Comité o absolvera e pudese xogar contra nós o partido de volta.
Ese Victor é a alma na dianteira do Camelle. Agora, que pode xogar sin problemas, o fai e ademais reclama faltas, tarxetas e acaba sacudindo tamén como lle fan a él, cando o ano pasado non facía nada deso, salvo marcar goles, para tentar pasar desapercibido. O que cambian as cousas.
Na primeira mitade houbo equilibrio de ocasións para cada bando. Victor marcou o 0-1 no min. 8, marchándose por un lateral, aguantando a entrada de Sergio e cruzando a dereita de Nacho, con talento. Eu creo que este xogador podería perfectamente xogar na Liga da Costa ou na Primeira Rexional con un Camariñas. Non desmerecería, porque sempre busca porta e ten moita visión de xogo. Tiveron outra ocasión mais pero cruzaron demasiado e o balón saliu a rentes do pao. Nos marcamos no min. 40, nunha internada de Richard pola dereita, leva o balón pegado a línea de fondo, fai o pase da morte en paralelo e entre un defensa e Luis Naya que acudiu a presionar, mandan o balón ao fondo da rede. E tivemos outra ocasión cando Lancha acude a presionar ao porteiro e un defensa, querendo despexar, non contaba co vento reinante, que desviou o balón e casi que acaba entrando na portería, saindo tamén pegadiño ao pao. Empate en goles e en ocasións.
Na segunda mitade o vento xogaba ao noso favor. E xa o dominio do xogo corría a conta nosa. Pero eso facía que o Camelle lanzara peligrosísimos contragolpes aos que se sumaba un bo número de efectivos. A primeira ocasión foi nosa nun pase cara a Galerna, no corazón da área, pero non soubo sobrepasar ao porteiro. E seguimos mostrando mais intensidade pero sin lograr contactar na dianteira para poder facer dano. Eles tiveron a sua primeira ocasión cando Alberto de Seaia quere mandar o balón en largo pero rebota nun centrocampista, indo cara dous dianteiros sólos diante de Nacho que consigue levar o balón por precipitación dos atacantes. Mais Victor tivo a mellor das ocasións chegando sólo diante de Nacho en duas ocasións, a primeira mandouna fora por pouco e a segunda recolleuna por alto Nacho no borde da área. En resumen, calqueira dos dous equipos pudo haber gañado. Pero ambos se deron por satisfeitos co empate como mal menor. E sigue a loita nos postos altos desta segunda división. Esta vez tocoulle perder ao Corcoesto.
Isidro fixo unha arbitraxe intelixente. Eso sí, bastante lonxana. O que determinou na nosa contra que dous balóns que habían saido, un pola líña de fondo e outro pola líña de banda, os seguira xogando o Camelle dando lugar a duas xogadas con moito perigro. E tamén creemos que pudo haber mostrado algunhas tarxetas amarelas mais a cada un dos equipos. O querer ser demasiado diplomático trae a veces estas complicacións. Pero non fixo, en xeral, mala arbitraxe.
Ningún comentario:
Publicar un comentario