Esta vez, polo frío, non empezamos dormindo como de costume. Xa no min. 2 Carlos fai unha asistencia perfecta a Richard, que encara e dribla ao porteiro e marca o 0-1. Pero, ainda que o parecera, non iba a ser un partido doado. No min. 15 o Sofán devolve a moeda. Un balón xogado pola dianteira sofanista deixa o balón morto aos pés de Rober, que coloca un tiro preciso axustado ao pao diante do cual Nacho non pudo facer nada. De ahí ao final da primeira parte moito xogo no centro do campo (favorecido o tema polas estreitas dimensións do Carral) pero sin aproximacións que puxeran en perigro o marcador. Pola nosa parte Marco e Chucho e pola deles Camilo mais os seus compañeiros non deron opcións para o achegamento as porterías.
Na segunda mitade parecía que o partido poñíase de cara a nós no min. 63, cando Mutio encontrou un oco entre unha multitud de xente no mediocampo e fai unha perfecta asistencia cara a carreira de Richard, que vai sólo a portería e bate a Oscar. Aquí protestou a defensa rival pedindo fora de xogo, cómo mínimo existía a duda pero no banquillo rival comentaron que creían que non o era. Sin moitos atrancos conseguimos levar ben o partido neses momentos. E mais cando no min. 82 Richard encontra dentro da área un pasillo entre a defensa e marca o 1-3. ¿Todo rodado? Pois non. Un minuto despois chegou un balón a Rober, casi no vértice dereito da área grande. Non o pensou e lanza un tiro que, despois de tocar na perna de Chucho, colle unha perfecta parábola que supera por alto a Nacho e entra na portería.
Hasta ahí houbo un partido. A partires de ahí houbo outro moi distinto. O Sofán lanzouse sobre o noso campo e tivémonos que defender como gato panza arriba. Xa sin forzas, balón que tentábamos despexar apenas chegaba ao centro do campo ou era recollido por un xogador rival. Nacho fixo un paradón encomiable que cheiraba a gol cantado. E constantemente mirábamos o reloj pretendendo un final de partido que non daba chegado. Costou e moito gañar este partido.
Moi boa a arbitraxe de Javi. Ningún dos dous equipos puxo reparos na sua labor. Puxo as tarxetas que debía, falou cos xogadores cando tiña que facelo, situouse moi ben nas xogadas a balón parado,... Como moito sólo pudemos ambos equipos protestar uns fora de banda que pitou cando non o eran ou non os pitou cando eran, pero tamén nos temos que dar conta de que é un home sólo o que árbitra e a veces hai errores así habendo xuices de liña.
Acabamos da mellor maneira posible. Degustando un cocido nun dos mellores sitios a donde se pode acudir, a Cuns (en Agualada). Bo ambiente, bos amigos que viñeron tamén. Faltou xente por culpa do traballo e outros asuntos (Fernando, por exemplo, estaba en Lanzarote) pero os que acudimos quedamos abraiados ca ocasión. Oxalá se repita mais veces.
Ningún comentario:
Publicar un comentario